Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T. e C.T. en Xende, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Eléctrica de Moscoso, S.L.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. A Lama-Forzáns ata o C.T. que se proxecta en Xende, concello da Lama.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 2.041 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón.
C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.
Orzamento: 8.979.661 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 31 de outubro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
7984