Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.457

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de novembro de 1995 pola que se autoriza e suprimen ensinanzas nas escolas familiares agrarias dos centros privados O Piñeiral do concello de Arzúa (A Coruña) e A Cancela do concello das Neves (Pontevedra).

A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, recoñécenlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado.

Tendo en conta os informes da Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos e por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Suprimi-la especialidade de Administración e Xestión de Empresas Comunitarias, de rama administrativa, nos centros que se citan:

EFA A Cancela das Neves.

EFA O Piñeiral de Arzúa.

Segundo.-Autoriza-la especialidade de Goberno e Administración de Servicios Comunitarios, da rama agraria, na EFA A Cancela das Neves.

Terceiro.-Autoriza-la especialidade de Administración e Xestión de Empresas Agrarias, da rama agraria, na EFA O Piñeiral de Arzúa.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-8052