Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.456

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de novembro de 1995 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio público A Barquiña (Noia) e do colexio público de Goián (Tomiño).

Vista a Orde do 18 de decembro de 1991 (DOG do 14 de xaneiro de 1992), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

-Provincia: A Coruña.

Concello: Noia.

Denominación: colexio público da Barquiña.

Código do centro: 15010681.

Zona educativa: 150952 Noia.

Nova denominación: colexio público Alexandre Rodríguez Cadarso.

-Provincia: Pontevedra.

Concello: Tomiño.

Denominación: colexio público de Goián.

Código do centro: 36009391.

Zona educativa: 361148 Tomiño, Goián.

Nova denominación: colexio público Pintor Antonio Fernández.

9507991