Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.403

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo Ferroatlántica, S.L., con centros de traballo en Cee-Dumbría.

Visto o expediente do convenio colectivo Ferroatlántica, S.L., con centros de traballo en Cee-Dumbría, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-10-1995 subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 15-9-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de outubro de 1995.

Fernando Rodríguez Córcoba

Delegado provincial da Coruña

III Convenio de empresa Ferroatlántica, S.L.

1995-1996

Capítulo I

Estipulacións xerais

1.1. Ámbito.

O presente convenio regulará a partir de súa entrada en vigor, as relacións laborais de empresa Ferroatlántica, S.L., nas factorías de Cee-Dumbría e Centrais Eléctricas e afecta a tódolos traballadores desta no dito centro.

Todo o que non estea reflectido no presente convenio, rexerase pola lexislación vixente do sector.

1.2. Vixencia e duración.

O convenio entrará en vigor o día 1º de xaneiro de 1995 e caducará o 31 de decembro de 1996.

Transcorrido o período de vixencia seguirán aplicándose tódalas cláusulas co mesmo alcance e contido con que foron pactadas ata que se aprobe e entre en vigor o novo convenio.

1.3. Denuncia.

Considerarase por ámbalas partes denunciado en tempo e forma na data do seu vencemento.

1.4. Respecto ós dereitos adquiridos.

Respectaranse as situacións persoais que no seu conxunto, sexan máis beneficiosas cás estipuladas no presente convenio, manténdose estrictamente ad personam.

1.5. Comisión mixta.

Estará composta por dous representantes do actual comité de empresa e dous representantes da empresa.

As súas funcións serán as de velar polo cumprimento das estipulacións contidas no presente convenio e clarexar cantas dúbidas ó respecto poidan xurdir.

Pola empresa:

Carlos Oliete Fernández.

Perfecto R. Trillo Trillo.

Polo comité:

Juan L. Mouzo Lago.

Francisco Javier Paz Regueira

Capítulo II

Réxime e condicións de traballo

2.1. Xornada de traballo.

Para 1995 e 1996 a xornada será de 40 horas semanais, equivalentes como máximo a 1.752 horas anuais.

Para persoal técnico-administrativo consideraranse festivos non recuperables tres días ó ano, dous dos cales serán o 24 e 31 de decembro, sempre que non coincidan en sábado ou domingo.

2.2. Vacacións.

Establécense 22 días laborais de vacacións ó ano, que se poden fraccionarse en dous períodos como máximo.

O período de desfrute destas fixarase de común acordo entre os traballadores e a dirección da empresa en función da actividade productiva.

O traballador coñecerá as datas que lle correspondan un mes antes, polo menos, do comezo do desfrute.

Os días de vacacións serán retribuídos conforme o promedio obtido polo traballador (salario, antigüidade e pluses que correspondan) nos tres últimos meses traballados con anterioridade á data de inicio destas. Ó persoal de quendas incluiráselle, ademais, un día e medio de plus festivo ó remate das vacacións.

Establécese unha bolsa de vacacións de 41.176 ptas. para todo persoal fixo, cuns ingresos brutos ata 4.405.727 ptas. anuais por xornada normal de traballo. Esta cantidade farase efectiva no mes de setembro. Para 1996, este apartado aparece recollido no artigo 3.3 (PCI).

Os traballadores que por necesidade de producción non poidan desfruta-las vacacións nos meses de xullo, agosto ou setembro percibirán un complemento de vacacións de 5.077 ptas. por día de vacacións, que serán aboadas no mesmo mes en que se desfruten.

2.3. Licencias retribuídas.

A tódolos traballadores que o soliciten e logo de xustificación da súa necesidade seralles concedida licencia sen perda de retribución polos seguintes motivos:

a) Por matrimonio: 15 días naturais.

b) Por matrimonio de fillos e irmáns: 1 día.

c) Por parto de esposa: 3 días naturais que se ampliarían a 2 máis, mentres non exista un centro hospitalario adecuado na zona.

d) Por enfermidade grave de pais, avós, fillos, e conxuxe; pais, avós e fillos políticos: 2 días naturais que poderán ampliarse ata 3 máis cando o traballador necesite efectuar un desprazamento ó efecto, e deberán xustificarse a gravidade e tempo de ausencia.

e) Por morte de pais, avós, fillos, irmáns, netos, cónxuxe; pais, avós, fillos e irmáns políticos: 3 días naturais que poderán ampliarse ata 2 máis cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto.

f) Por morte de curmáns, tíos e sobriños en primeiro grao: 1 día.

g) Por traslado de domicilio habitual: 1 día.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

i) Polo tempo necesario para consulta médica de especialista logo de coñecemento do servicio médico da empresa.

2.4. Permisos.

Os traballadores inscritos en cursos organizados en centros oficiais ou recoñecidos polo Ministerio de Educación y Ciencia ou Trabajo para a obtención dun título académico a teor da Lei xeral de educación, teñen dereito nos termos que se establecen:

a) Os permisos polo tempo necesario para concorrer

b) A prestaren os seus servicios no caso de que asistan ós cursos que se sinalan anteriormente e na empresa haxa varias quendas de traballo, naquela que mellor facilite o cumprimento das súas obrigas escolares.

2.5. Promoción do persoal.

A promoción do persoal suxeitarase ó réxime seguinte:

Ás categorías que impliquen funcións de mando ou confianza, tales como: técnicos titulados, contramestres, encargados, capataces, xefes administrativos, gardas xurados, etc., serán de libre designación pola empresa.

Cando exista unha vacante para cubrir nas categorías de oficiais administrativos ou obreiros, anunciarase no taboleiro de anuncios a existencia das ditas vacantes e a convocatoria ás probas de aptitude que correspondan.

Ás probas poderá presentarse todo o persoal que así o desexe e que sexa de categoría inmediata inferior. A dirección confeccionará os programas necesarios sobre os temas e materias que sexan materia de exame nas probas cualificatorias, que serán sometidas a coñecemento e suxerencias do comité de empresa antes da súa fixación definitiva.

A comisión examinadora estará composta por catro membros: dous serán elexidos polo comité de empresa e outros dos serán elixidos pola dirección.

En igualdade de resultados nas probas de cualificación daráselle preferencia para ocupa-la praza ó candidato con maior antigüidade na empresa.

Para o resto das categorías profesionais os ascensos produciranse dentro das vacantes existentes, tendo en conta a formación, méritos e antigüidade do traballador, todo iso sen prexuízo das facultades organizativas da empresa.

Co fin de promociona-lo emprego xuvenil, contrataranse durante os tres meses de verán, os oito alumnos de FP2 que ó fin de curso obtivesen as mellores notas nas ramas de electricidade, motores, mecánica, secretariado, no centro de formación profesional de Cee. En caso de que non se cubran as prazas, poderán ser substituídos por fillos de productores con estudios adecuados.

Queda fixado o salario en 132.260 ptas./brutas mensuais para os mecánicos-electricistas, e 119.924 ptas./brutas mensuais para os administrativos.

2.6. Roupa de traballo.

Independentemente das roupas de protección previstas na ordenanza xeral de seguridade e hixiene do traballo, a empresa facilitaralle inicialmente ó persoal obreiro dúas fundas de traballo, unha das cales será renovada cada seis meses, en xuño e decembro.

Así mesmo entregaráselle dúas toallas de baño e dúas de man, que serán renovadas cada seis meses, en xuño e decembro.

A calidade das ditas roupas será revisada polo comité de seguridade e hixiene.

Capítulo III

Conceptos retributivos

3.1. Salario base.

O salario base para cada categoría profesional será incrementado nun 3,5% e servirá de base para o cálculo dos pluses de antigüidade, nocturnidade, etc.

3.2. Antigüidade.

Computarase a razón do 5% por cada quinquenio vencido, calculado sobre o salario base de cada categoría.

Ós aprendices computaráselle-la antigüidade desde o seu ingreso na empresa.

3.3. Plus carencia de incentivo (PCI).

Para 1996 créase este plus, que se cobrará en doce mensualidades, e engloba os seguintes conceptos:

-Paga de abril, bolsa de vacacións, complemento de extras, plus Cee, e prima de producción mínima.

Todos estes conceptos terán o incremento salarial reflectido no artigo 3.13.

-Préstamos 10.000 ptas.

-Economato 126.000 ptas.

-Apartamentos 6.778 ptas.

-80.000 ptas./ano.

Estes últimos conceptos non terán incremento nin revisión.

Este plus cobrarao só o persoal dado de alta en Ferroatlántica, S.L. en decembro do 1992.

Durante 1995 os conceptos, plus Cee, préstamos, economato e apartamentos, que non están incluídos neste convenio, aboaranse só ó persoal fixo, cos incrementos pactados.

3.4. Plus de posto de traballo e prima de producción.

Os actuais pluses de posto de traballo incrementaranse nun 3,5% e responderán á finalidade de que a igualdade de posto de traballo e categoría profesional lles corresponda o mesmo importe.

O persoal que traballe 9 meses continuados nun mesmo posto de traballo e ó que por, necesidades de producción, sexa cambiado de posto, terá dereito a percibilo durante os 3 meses seguintes.

O plus posto de traballo no ano 1996, verase incrementado da seguinte forma:

a) Diferencia existente entre o promedio da prima de producción de cada departamento, e a prima de producción mínima.

b) Diferencia plus Fca. Dumbría e plus Fca. Cee só para o persoal fixo en decembro 1992, que traballe na Fca. de Dumbría.

O persoal de nova incorporación percibirá por plus posto de traballo a cantidade establecida para o centro de Cee, indistintamente que traballe nun centro ou no outro.

Incrementaranse os importes actuais das primas de producción nun 3,5 % para tódolos traballadores fixos.

Prima mínima de producción 9.419 ptas./mes.

O persoal contratado en 1995 cobrará o posto de traballo correspondente á fábrica de Cee, maila dife

rencia entre a prima de producción de cada departamento e a prima mínima.

3.5. Plus nocturno.

A tódolos traballadores con dereito a percibi-lo plus de nocturnidade, satisfaráselles por este concepto o 25% do seu salario base.

3.6. Plus quenda rotativa.

Queda establecido un plus de quenda rotativa de 12.917 ptas. mensuais para o persoal que traballe a quendas. Este plus cobrarano todos aqueles que non libren sábados ou domingos e os correquendas.

O persoal que traballe ó ano 9 meses como mínimo a quendas terá dereito a cobrar este plus os tres meses restantes.

3.7. Plus xefe de equipo.

Aboaranse por este concepto as seguintes cantidades:

-Oficial 1ª: 19.392 ptas. mensuais.

-Oficial 2ª: 19.125 ptas. mensuais.

-Oficial 3ª: 18.819 ptas. mensuais.

-Especialista: 18.746 ptas. mensuais.

3.8. Plus festivo.

Os traballadores con xornada continuada de oito horas, cando lles coincida traballar en festivo, percibirán por este concepto o equivalente a oito horas extras.

3.9. Pagas extraordinarias.

Aboaranse anualmente dúas gratificacións extraordinarias que se farán efectivas nos meses de xullo e decembro.

Consistirán no aboamento de trinta días de salario base e o plus de antigüidade, se é o caso.

Ratearanse en proporción ó tempo traballado por semestres naturais do ano en que se otuorguen.

Só para o ano 1995 ó persoal fixo aboaránselle as seguintes cantidades:

-25.000 ptas. nunha soa paga no mes de setembro.

-20.000 ptas. nas pagas extras de xullo e decembro.

-30.176 ptas. como complemento nas pagas de xullo e decembro.

-154.623 ptas. como paga de abril.

3.10. Horas extraordinarias.

Entenderase por horas estructurais as necesarias por ausencias imprevistas, cambios de quenda derivadas da natureza do traballo de que se trate e avarías que afecten ó funcionamento normal en: subministracións de enerxía, materias primas, unidades e saída de productos.

Entenderase por horas extras de forza maior as derivadas pola necesidade de reparar sinistros, reparación de líñas eléctricas ou outros danos extraordinarios e urxentes que poidan afectar gravemente ó funcionamento das instalacións.

En caso de que o 40% do cómputo anual de horas extraordinarias fose superior á xornada anual establecida, contratarase un traballador fixo de cadro de persoal por xornada normal superada.

3.11. Retribucións varias: fornos cilíndricos, virolas, chamadas.

Fornos cilíndricos: o persoal dedicado a preparación de fornos cilíndricos, percibirá por cada un a cantidade de 1.797 ptas.

Virolas: o persoal dedicado á colocación de virolas percibirá a cantidade de 1.318 ptas, por cada unha delas.

Chamadas, cambios de quenda, comidas, vacacións.

Persoal que traballa normalmente a quendas.

1.-Cambio dunha quenda outra ou susbtitucións temporais, tales como vacacións, baixas, etc..

Dun a tres días: unha chamada.

Máis de tres días: dúas chamadas. Unha cando cambia e outra ó volver á súa xornada.

2.-Ó traballador que se lle cambie a quenda por circunstancias especiais, con menos de doce horas de descanso, tendo feito a quenda completa anterior, daráselle a equivalencia a tres chamadas.

3.-Cando por causa de forza maior haxa unha parada no forno non programada e o persoal teña que ir de vacacións e non se lle poida avisar con máis dunha semana de antelación, pagaráselle unha chamada ó ir e outra ó volver. De coincidir en verán, a bolsa de vacacións correspondente a eses días será a de complemento de vacacións.

Persoal que traballa normalmente en xornada partida.

1.-Cambio a turnos por averias, reparacións, etc.

a) Se o cambio é de un a tres días: unha chamada.

b) Se o cambio é por máis de tres días: susbtitúese a chamada por 848 ptas. por día de cambio.

c) Os equipos de mantemento ó volver á súa xornada normal, os que teñan que saír ás seis da mañá, farano ás catro da mañá e volverán ás dúas da tarde para facer media xornada.

2.-Ó persoal de báscula aboaránselle 848 ptas. por día de cambio.

Chamadas por realización de horas extras.

1.-Cando o traballo non é continuado.

a) En tódolos casos pagarase unha chamada e as horas extras realizadas.

b) Se se chama e acaba o traballo antes das dúas da mañá, ten que vir á súa xornada normal ó día seguinte.

c) Se se chama entre as doce da noite e as seis da mañá, descansará a xornada completa do día seguinte, se fai máis de cinco horas. En caso de que o día seguinte fose sábado ou festivo pagaránselle tres chamadas, sempre que faga seis horas extras ou máis. Se fai menos de cinco horas, descansará media xornada.

d) Se se chama despois das seis da mañá, terá que face-la a xornada completa do día seguinte.

2.-Cando o traballo é continuado.

a) Cando pase de tres horas, pagarase media chamada.

b) Traballadores de xornada partida que teñan que continuar facendo horas extras ata despois das doce da noite, descansarán a mañá do día seguinte. No caso de que pase das dúas da mañán, descansarán o día seguinte completo.

c) Hora de comida: darase a comida, se sobrepasa das dúas, e unha hora extra.

d) Tarde: se vai continuar traballando ata as dez da noite, daráselle bocadillo e bebida refrescante. En caso de pasar das dez da noite, daráselle a cea.

3.-Persoal en vacacións.

Ó persoal que está desfrutando vacacións e por causa de forza maior, sexa chamado a realizar horas extras, recibirá unha chamada por cada hora extra realizada, cun máximo de oito.

Cambio de hora oficial.

O persoal a quendas ó que lle coincida en traballo a noite de cambio de horario e por este motivo a súa guarda sexa de nove horas, percibirá media chamada.

Cambios de fábrica.

-Cambio de fábrica de Dumbría a Fca de Cee. Estudiarase en cada caso.

Persoal de xornada partida.

Por cada hora extra realizada os días 15 e 16 de agosto, darase unha chamada, cun máximo de oito.

Persoal a quendas.

Ó persoal que se chame para facer horas extras, en días francos, que coincida cos festivos do 15 e 16 de agosto, daráselle unha chamada por cada hora realizada, cun máximo de oito.

Aboarase por cada chamada a cantidade de 1.449 ptas.

3.12. Plus de condicións especiais.

En 1996 créase este plus, que incluirá: plus voluntario, plus distancia e os casos excepcionais de plus Dumbría.

O dito plus manterá os mesmos aumentos có convenio, e non será absorbible mentres persistan as mesmas condicións.

3.13. Revisión salarial.

Durante os anos 95 e 96 garántese unha subida salarial consolidable de IPC real de cada ano, en tódolos conceptos retributivos e na mesma porcentaxe que fixe o goberno.

Unha vez coñecido o IPC real de cada ano, farase unha revisión salarial de tódolos conceptos retributivos en función do exceso sobre a subida xa efectuada, con carácter retroactivo a xaneiro de cada ano, e aboarase nunha soa paga.

Capítulo IV

Fondo de pensións

4.1. Xubilación-Invalidez-Viuvez persoal en activo-Viuvez persoal pasivo-Orfandade.

Tódolos traballadores do centro de traballo de Cee- Dumbría e Centrais Hidroeléctricas, no momento da

compra deste centro por Ferroatlántica, S.L., tiñan garantida a cobertura social a través do regulamento do plan de pensións formalizado na S.E. de Carburos Metálicos S.A., según acta da comisión promotora deste, na data do 17 de octubre de 1990 e posta en marcha o día 31-dec-1990, segundo establece o Real decreto 1307/1988 de data 30 de setembro e Lei 8/1987 de 8 de xuño de regulación dos plans e fondos de pensións.

No momento da compra deste centro de traballo por Ferroatlántica, S.L., esta subrógase en todos estes dereitos e obrigas e crea o plan de pensións de Ferroatlántica, S.L., que entra en vigor o 1 de decembro de 1992.

Tódolos traballadores fixos a decembro de 1992 de Ferroatlántica, S.L., das fábricas de Cee, Dumbría e Centrais Hidroeléctricas que pertenzan ó plan de pensións de Ferroatlántica, S.L., teñen garantido a través deste, como mínimo, o cumprimento dos puntos que facían referencia a xubilación, viuvez, invalidez e orfandade no antigo fondo de previsión que estivo vixente ata o ano 1990, por pactos o convenio.

Para garantir estes acordos traspasaranse os dereitos consolidados dos traballadores ó novo plan de pensións de Ferroatlántica, S.L. nas condicións recollidas no regulamento do dito plan. Tamén fará unhas contribucións mensuais por partícipe, creando así un sistema de financiación cunha condicións que son as recollidas no reglamento do plan de pensións no título terceiro e que abrangue os artigos 13, 14, 15 e 16.

Tódalas melloras en contribucións económicas ou outros conceptos que adicionalmente lle faga a empresa ó plan de pensións de Ferroatlántica, S.L., quedarán automaticamente incorporados a este convenio.

Todo aquel persoal da empresa que non teña adquirido o dereito de adhesión ó plan de pensións de Ferroatlántica, S.L., segundo o establecido no seu regulamento, terá a mesma cobertura social indicada no enunciado neste artigo a través dunha póliza de seguros colectiva, e será o custo da prima correspondente a cargo da empresa.

Esta póliza terá que cubrir tamén nos mesmos supostos do parágrafo anterior os traballadores que, aínda pertencendo ó novo plan de pensións, non acumulasen no momento do feito causante suficiente capital para garantirlle a pensión que lles correspondera no antigo fondo de previsión, para o que se usarán as mesmas fórmulas e bases que se utilizan para calcula-la pensión de invalidez e que veñen marcadas no Art. 28 do regulamento do fondo e no artigo 4.2 deste convenio.

A empresa e o comité comprométense a estudiar, durante a vixencia do presente convenio, as contribucións que a empresa deba efectuar ó fondo de pensións, para o persoal de nova contratación con dereito a pertencer ó fondo de pensións, de forma que estas sexan inferiores ás dos partícipes actuais. En ningún caso se lles garantirá a cobertura do fondo de previsión anterior ó fondo de pensións.

4.2. Incapacidade temporal.

Durante a incapacidade temporal a empresa seguirá contribuindo polo traballador ó fondo de pensións, tal como marca o regulamento do plan de pensións

de Ferroatlántica, S.L., e utilizarase como salario regulador o mesmo que tiña o traballador en activo.

4.3. Invalidez permanente.

O traballador afecto de invalidez permanente ou incapacidade temporal despois dos primeiros 18 meses, percibirá o mesmo complemento que se fixou para a xubilación. O complemento anual calcularase por aplicación das seguintes porcentaxes sobre a base reguladora de cada traballador en función dos anos de servicio na Empresa.

Con menos de 12 anos completos de servicio: 25%.

Con 12 anos completos ou máis, ata 21 anos completos de servicio: 40%.

Con 22 anos completos ou máis, ata 31 anos completos de servicio: 50%.

Con máis de 31 anos completos de servicio: 55%.

A base reguladora será, para cada traballador, a diferencia entre o salario bruto percibido nos doce meses anteriores á data da inválidez, por xornada normal de traballo, e o importe da prestación que lle corresponda percibir da Seguridade Social.

En ningún caso o complemento da empresa poderá supera-lo 25% da prestación que lle corresponda da Seguridade Social, exceptuando, para asegura-lo 60% do salario bruto percibido polo traballador nos doce meses anteriores á data da invalidez.

No caso de invalidez permanente total, esta percepción queda suxeita a que a empresa non lle ofreza un posto de traballo acorde coa súa capacidade.

Capítulo V

Acción social

5.1. Persoal con capacidade diminuída.

Ó persoal que lle sexa recoñecida, ben polo organismo competente ou polo servicio médico de empresa, unha diminución da súa capacidade para o desenvolvemento do seu traballo habitual, a empresa o destinará a un posto de traballo acorde coa súa capacidade.

5.2. Complemento por baixa: accidente ou enfermidade.

A todo o persoal pertencente a Ferroatlántica, S.L. en decembro de 1992 que cause baixa por accidente ou enfermedade, a empresa complementará ata o 100% do seu salario habitual cun máximo de 18 meses.

Todo o persoal dado de alta con posterioridade a decembro do 92, percibirá, en caso de enfermidade, o 90% dos conceptos fixos (S.base e P.traballo), salvo hospitalización ou accidente laboral no que cobrará o 100% dos ditos conceptos.

Para percibi-lo complemento de accidente será necesario o informe do comité de seguridade e hixiene sobre do dito accidente en materia de utilización de roupa de seguridade e condicións en que se produciu.

Sen que estea no ánimo da empresa restrinxi-lo pagamento do complemento de enfermidade e si perseguir ata onde sexa posible a fraude, este comple

mento perderase cando se produzan algunhas das seguintes circunstancias:

1. Non ter á empresa puntualmente informada dos partes de baixa, alta e os semanais de confirmación, que salvo casos especiais, deberán ser entregados persoalmente.

2. Non presentarse de maneira inxustificada ós controis, tanto no domicilio como no botiquín, que o servicio médico solicite realizar para segui-la evolución da enfermidade.

3. Desatende-las prescricións médicas e tratamentos durante o período de baixa, incluídas as recomendacións do médico de empresa.

4. Cando dos controis e inspeccións realizadas, das que previamente será informado o comité de empresa, resulte demostrado de maneira evidente, e non só a criterio médico, que o traballador non se encontra impedido para o cumprimento dos deberes laborais.

5. No caso de discrepancia entre os distintos informes médicos, con relación á continuidade da baixa, resolverá a Inspección Médica da Seguridade Social e, se do dictame desta se desprende que a baixa era improcedente, perderase o complemento desde o momento en que se iniciou o trámite de inspección.

5.3. Premio de nupcialidade.

O persoal percibirá a cantidade de 49.488 ptas. no caso de atoparse en activo e ter una antigüidade mínima dun ano.

De non alcanza-la dita antigüidade, o premio quedará reducido a 24.744 ptas.

5.4. Premio de natalidade.

Establécese un premio de 31.383 ptas co motivo do nacemento de cada fillo.

5.5. Premio de vinculación.

Establécese un premio de vinculación á empresa en función dos anos de servicio prestados a esta, conforme a seguinte escala:

Banzo 1.-Ós 20 anos de servicio continuado, unha mensualidade de salario real (S. base, antigüidade, posto de traballo e PCI).

Banzo 2.-Ós 33 anos de servicio continuado, dúas mensualidades e media de salario real.

En 1996, o banzo 2 aboarase ós 32 anos de servicio continuado.

En caso de xubilación cobrarán este premio aqueles traballadores que no momento de xubilarse teñan 30 ou máis anos de servicio continuado, se non o cobrasen.

5.6. Premio de xubilación.

Ó xubilarse ou pasar á invalidez permanente, o traballador percibirá unha cantidade resultante de computar 11.226 ptas por ano de servicio activo e continuado na empresa, suxeita á condición de que a dita xubilación se realice ó cumpli-los 65 anos de idade ou antes desa edade, ou de ser superior, o seguinte premio: unha mensualidade por cada quinquenio ata un máximo de cinco.

5.7. Axudas especiais.

Os traballadores en activo ou pasivo que teñan ó seu cargo fillos, calquera que sexa a natureza legal da filiación, ou outros descendentes ou irmáns seus

ou do seu cónxuxe que teñan a condición de diminuído físico ou psíquico, imposibilitados para o traballo, percibirán 22.602 ptas mensuais por cada causante, máis 15.499 ptas no caso de estar escolarizado.

Entendearase por minusvalidez física a imposibilidade de valerse por si mesmo para a realización das funcións elementais da vida.

Considerarase a existencia de minusvalidez psíquica cando esta fose declarada e recoñecida pola Seguridade Social.

Aboaanse en ámbolos casos, aínda percibindo a subvención legal que estea establecida.

Por contra, non se procederá ó abonamento cando se perciba pensión da Seguridade Social.

Esta axuda especial, só a percibirá o persoal dado de alta en Ferroatlántica en decembro de 1992.

5.8. Lote de Nadal.

Establécese unha contribución da empresa por este concepto de 10.717 ptas por cada traballador, xubilados, viuvas e persoal en longa enfermidade que percibirá sóo o persoal pertencente a Ferroatlántica, S.L. en decembro de 1992.

O comité de empresa será o competente na súa confección e distribución, e será a cargo da empresa o IVE.

5.9. Axuda material escolar.

Establécese o seguinte sistema de axuda de material escolar para o curso 1995 -1996.

Xardín de infancia: (desde 2 a 4 anos cumpridos no ano natural da súa concesión).

Preescolar e 1º de EXB: 13.560 ptas/ano.

De 2º a 8º de EXB, BUP, COU, FP e ESO: 15.500 ptas/ano.

Estudos medio: 64.577 ptas/ano.

Estudios superiores: 96.866 ptas/ano.

En FP sempre que non exista na comarca a rama que se desexe estudiar e teña que desprazarse, considérase a axuda como de estudos medios. Igualmente terán dereito os traballadores que a título individual realicen estudios relacionados co seu labor na empresa.

Para EXB, BUP, COU, FP e ESO, permitirase unha soa repetición por curso.

Os traballadores que cursen estudios de EXB (1º a 8º), BUP, COU, FP, escolas oficiais de idiomas, artes aplicadas e estudos de grado medio e superior, percibirán por cada curso 19.374 ptas/ano, logo de presentación do certificado de matrícula.

Se un traballador iniciase uns estudios determinados e desistise deles para iniciar outro tipo de estudios, sen ter rematados os primeiros so poderá solicitar axuda para estes novos estudios despois de transcorrer un ano desde a concesión da axuda anterior.

No caso de xubilados, persoal en longa enfermidade e viúvas de traballadores que faleceron en activo ou en longa enfermidade, os seus fillos teñen dereito á dita axuda na mesma contía que os fillos de traballadores en activo.

Esta axuda soamente a percibirá o persoal pertencente a Ferroatlántica, S.L. en decembro do 92.

5.10. Indemnización por defunción.

En caso de falecemento dun traballador, xa sexa por causas naturais ou accidente dentro ou fóra das súas horas de traballo, os seus dereito-habentes percibirán a cantidade de 1.804.932 ptas, máis 451.233 ptas por cada fillo que estea ó seu cargo.

Os traballadores poderán designar por escrito beneficiario da dita cantidade. No caso de non facelo, a indemnización entregaraselles ós seus dereito-habentes.

Para os traballadores que pasen a situación de invalidez, esta cobertura manteráselles durante os períodos seguintes:

a) Traballadores a partir de 55 anos ata 60 anos, ou como mínimo, durante o primeiro ano de invalidez.

b) Traballadores menores de 55 anos: terán dereito a esta cobertura durante o primeiro ano de pasar á situación de invalidez.

5.11. Privación de liberdade.

Todo persoal que sufra privación de liberdade que lle impida acudir a xustifica-lo súa ausencia ó traballo por un período máximo de dez días, conservará tódolos dereitos que desfrutaba antes da súa privación de liberdade.

Mentres se atope en tal situación considerarase en situación de permiso non retribuído, e será admitido automaticamente a petición do traballador.

5.12. Subvención o comité.

Establécese a cantidade de 7.071 ptas anuais por cada traballador en activo a 31-12-1994 que se farán efectivas no 1º semestre e serán utilizadas en casos sociais, gastos do comité e tamén para incrementalos paquetes de Nadal. Tamén se establecen 2.122 ptas por cada persoa pasiva a 31-12-1994 que serán empregadas unicamente nos paquetes de Nadal.

Capítulo VI

Seguridade e hixiene

6.1. Servicios sanitarios.

Este servicio estará cuberto polo médico de empresa, dous ATS (un para a fábrica de Cee e outro para a fábrica de Dumbría) e unha ambulancia.

6.2. Comité de seguridade e hixiene.

O comité de seguridade e hixiene das fábricas de Cee-Dumbría, estará composto por dez membros, cinco deles elexidos pola dirección e cinco elixidos polo comité de empresa.

Será función do dito comité promove-la observancia das disposicións en materia de seguridade e hixiene no traballo, así como estudiar e propoñer medidas que considere oportunas en para a prevención de riscos profesionais e cantas sexan convenientes para a debida protección da vida e saúde dos traballadores.

Os membros do comité disporán, para o exercicio das súas funcións, de 10 horas mensuais, dentro da xornada laboral.

A empresa cada dous anos por mediación do organismo competente do Ministerio de Traballo, instará ó recoñecemento ambiental por áreas ou zonas de tra

ballo, coa presencia de dous membros do comité elixidos polos traballadores. Se no dito recoñecemento se detectan niveis non aceptables, a empresa fixará un prazo para a súa eliminación e informará o comité de seguridade e hixiene do curso dos traballos de corrección que se efectúen.

A empresa informará o comité de seguridade e hixiene dos casos que se poidan presentar dos traballadores afectados por enfermidades profesionais, procedendo a investiga-las causas que as motivaron para a súa oportuna corrección, así como a destina-lo traballador afectado a outro posto de traballo acorde coa súa categoría profesional e condición física.

A empresa para o ano 1.995 pon á disposición do comité de seguridade e hixiene a cantidade de 1.804.932 ptas para subsidia-las necesidades en materia de seguridade e hixiene non previstas no orzamento xeral e postas de manifiesto polo comité. Para a utilización da dita cantidade será dabondo a conformidade de cinco membros do comité de seguridade e hixiene, dos que un deles, como mínimo, terá que ser dos elixidos polo comité de empresa.

Capítulo VII

Outras disposicións

7.1. Cobro de salario.

Os traballadores que perciban as súas retribucións por talón ou transferencia bancaria, que o seu horario e/ou proximidade entre o centro de traballo e a entidade bancaria pola que se efectúa o pagamento, non lles permita percibi-lo seu salario fóra da súa xornada laboral, disporán de media hora, que será fixada entre os tres primeiros días en que a transferencia esta a disposición do traballador, logo de solicitude ó seu xefe de departamento.

7.2. Asembleas e información.

Os traballadores terán dereito a convocar por parte do comité de empresa ou polo menos un 25% do cadro de persoal cantas asembleas crean conveniente, as cales se celebrarán dentro do respectivo centro de traballo.

Estas asembleas estarán presididas polo comité de empresa de forma colexiada e a elas poderán asistir unicamente os integrantes do cadro de persoal da empresa.

Estas asembleas poderán celebrarse en horas de traballo cun máximo de 6 horas anuais.

Os membros do comité de empresa poderán, con cargo ó crédito de horas mensuais retribuídas, dar información ou atender calquera consulta de temas laborais.

O persoal que deba consultar cos seus representantes disporá, en horas de traballo e sen mingua ningunha das súas percepcións, dun tempo prudencial para realiza-la consulta, notificando a ausencia momentánea do seu posto de traballo.

7.3. Vacantes de persoal.

Das vacantes de persoal daráselles preferencia ós traballadores que fosen eventuais na empresa, de acordo co tempo que traballaron e polos fillos de traballadores en activo, xubilados ou falecidos.

De tódolos contratos que se realicen o comité terá información previa.

7.4. Cuota sindical.

Cando se solicite, a requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato, o desconto da súa cuota sindical a través de nómina, a dirección deste centro de traballo poñerá as máximas facilidades para a súa recadación ata que non reciba comunicación en contra por parte de calquera dos traballadores ós que se lles efectúe a dita retención.

7.5. Comedor social.

Ferroatlántica, S.L. mantén un comedor social que é para uso dos seus traballadores, e participando a empresa nos gastos de comida nun 80%, e será o 20% restante a cargo do traballador.

7.6. Axudas de custo.

O persoal que por conta da empresa deba efectuar desprazamentos, percibirá en concepto de axudas de custo a cantidade de 3.034 ptas por día de traballo, cando cumpra pasa-la noite fóra do lugar de residencia, e 1.550 ptas no caso contrario, ámbolos supostos independentemente do abonamento pola empresa dos gastos de locomoción, aloxamento e mantenza.

Cando se dese a circunstancia de que nos períodos de desprazamento ou estadía se incluíse algún festivo, as cantidades incrementaranse nun 100% para estes días festivos.

Quedan excluídos aqueles empregados que o seu posto de traballo implique desprazamentos periódicos para os cales seguirá en vigor o réxime actual de gastos suplidos e aqueles traballadores que efectúen os desprazamentos dentro da xornada normal de traballo.

7.7. Contratos.

Dadas as características específicas do sector de ferroalealiaxes, os contratos de traballo de duración determinada poderán ampliarse tal como prevé o Real decreto 1/1995 do 24 de marzo, no capítulo II, artigo 15, apartado b).

CategoríaSalario base

Director201.295
ENX/LIC177.408
TEC/ASIM171.579
Xefe taller159.282
Mestre taller149.314
Xefe 2 Admón.155.135
Contramestre149.314
Oficial 1ª Admón.147.791
Encargado142.385
Delineante147.791
Capataz especialista138.265
Almaceneiro135.625
Analista 1ª Lab.147.791
Oficial 1ª140.154
Oficial 2ª Admón.142.385

CategoríaSalario base

Analista 2ª Lab.142.385
Chofer camión139.460
Chofer turismo138.145
Oficial 2ª138.225
Aux. Admón.136.904
Aux. laboratorio136.904
Oficial 3ª136.006
Vixilante133.736
Depte. Pral. Econom.136.247
Especialista135.479

Postos traballo 1995

Almacén 9.719
Almaceneiro10.765
Analista 1ª44.358
Analista 2ª33.509
Aux. Admón. 9.719
Aux. laboratorio 9.719
Aux. boca14.814
Boca15.847
Briquetas10.755
Capataz fornos42.283
Capataz peirao14.814
Capataz Prod. Term.22.550
Centrais SH.10.755
Centrais S. mantemento20.795
Cintas 9.719
Chofer camión e guindastre 9.719
Chofer turismo12.416
Fornos cilíndricos20.795
Contramestre42.283
Economato 9.719
Dosificación11.632
Arrefriadeiro10.755
Especialista Mto.12.986
Especialista canteiro12.986
Guindastre pórtico12.986
Gardián 9.719
Xefe briquetas11.548
Xefe pasta20.795
Limpeza 9.719
Limpeza 5 horas 6.075
Machacadora14.814
Maqu. dango20.795
Montaxe10.755
Peirao12.986
Oficial 1ª Admón.24.358
Oficial 2ª Admón.20.509
Oficial canteiros20.210
Oficial mantemento20.795
Palista10.755
Pasta11.548
Prod. Term. Dumbría14.814
Pte. guindastre coador15.847
Pte. guindastre Mat. primas11.632
Pupitre11.632
Esnacado 9.719
Subestación15.847
Delineante 1ª32.849

8017