Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.383

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 02/0005671/1995, interposto por Dolores Liñeiro Martínez.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo nº 02/0005671/1995, interposto por Dolores Liñeiro Martínez contra denegación presunta por silencio do recurso ordinario interposto contra a resolución da Secretaría Xeral para o Turismo do 20-6-95, sobre sanción con multa e cesamento de actividade de camping do establecemento O Paraíso, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, de medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1995.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

95-08091