Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.383

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 315/1995, do 7 de decembro, polo que se modifica o Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios procedentes doutras administracións públicas nos corpos creados pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

O Decreto 91/1991, do 20 de marzo (DOG 25-3-91, fascículo 2º), de integración dos funcionarios procedentes doutras administracións públicas nos corpos creados pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia (corrección de erros publicada no DOG nº 122, do 27-6-91), no seu anexo I, corpos de Administración xeral, incluíu no grupo B, corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, os funcionarios procedentes do corpo de inspectores de calidade do Servicio de Defensa contra Fraudes.

Polo R.D. 2165/1994, do 4 de novembro, traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións, servicios e persoal pertencentes á Administración estatal en materia de defensa contra fraudes e calidade agroalimentaria.

Por iso, e tendo en conta as peculiaridades das funcións relativas á materia aludida, é polo que, oída a comisión de persoal, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública por instancia do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de decembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-O corpo de inspectores de calidade do Servicio de Defensa contra Fraudes, incluído

polo Decreto 91/1991, anexo I, no grupo B, corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, pasa a incluírse no anexo II, grupo B, corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia

e Administración Pública

8078