Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.383

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 316/1995, do 2 de decembro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Xunta de Galicia dunha parcela de 3.646 metros cadrados para a construcción dun edificio destinado a escola oficial de idiomas de Pontevedra.

O Pleno da Corporación municipal de Pontevedra, reunido en sesión extraordinaria o 19 de agosto de

1993 acordou a cesión á Xunta de Galicia dunha parcela de 3.646 m para a construcción dun edificio destinado a Escola Oficial de Idiomas.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións, impostos sobre eles, supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, feita nos termos nos que o Concello de Pontevedra acordou a cesión, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de decembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta á Xunta de Galicia da parcela de 3.646 m de superficie, situada na Xunqueira do Lérez do concello de Pontevedra, que linda ó norte, rúa de nova apertura; ó sur, colexio da Xunqueira; ó leste, Centro de Formación do Profesorado; ó oeste, INEM; con destino á construcción da Escola Oficial de Idiomas.

O inmoble descrito atópase inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra, no tomo 546, libro 206, folio 118, número 17.189.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción da Escola Oficial de Idiomas.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e a inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposicion derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, dous de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

7990