Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1995 pola que se anuncia a licitación, con tramitación urxente e mediante o sistema de concurso público, con procedemento aberto, para a adquisición de cinco coches para a Secretaría Xeral para o Turismo.

Obxecto do contrato: adquisición de cinco coches para a Secretaría Xeral para o Turismo, segundo as características técnicas que se sinalan no prego de prescricións técnicas aprobado para a dita adquisición.

Importe da licitación: dezanove millóns cincocentas mil (19.500.000) pesetas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Aplicación orzamentaria: 04.05.651-A.624.0.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Presentación de proposicións: os interesados deberán presenta-las súas proposicións, segundo as normas que se sinalan no prego de prescricións administrativas particulares que rexe a presente contratación, no rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo (praza de Mazarelos, 15, Santiago de Compostela), agás os sábados, en que se fará no rexistro xeral da Xunta de Galicia.

Tamén poderán ser enviadas por correo nos térmos que se sinala no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Prazo de admisión: será de trece (13) días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar, hora e data de apertura das proposicións: na Secretaría Xeral para o Turismo, ás 12.30 horas, do primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións.

A documentación que rexe a contratación atópase á disposición dos interesados no Servicio de Fomento

e Promoción da Secretaría Xeral para o Turismo, Praza de Mazarelos, 15, Santiago de Compostela.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8103