Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.373

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto por poxa e tramitación urxente, da obra de clave OH-95-133, Dodro.

A) Obra.

Clave: OH-95-133, Dodro.

Título: estación depuradora de augas residuais en Vigo e colector de augas pluviais en Lestrove (fase I). Dodro.

Orzamento: vinteún millóns seiscentas oitenta e tres mil seiscentas vintecatro (21.683.624) pesetas.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría c. Grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Prazo de execución: cinco meses.

Fianza provisional: catrocentas trinta e tres mil seiscentas setenta e dúas (433.672) pesetas.

B) Documentación de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, nos días e horas hábiles de oficina na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixe ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A, salvo nos casos establecidos na cláusula nº 14 do prego de cláusulas administrativas particulares, e unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se une ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Contenido de proposición.

Segundo o indicado na cláusula nº 15 do prego de cláusulas administrativas particulares.

F) Medios de xustificación de solvencia económica e financeira.

Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras ou traballos realizados nos tres últimos exercicios.

G) Medios de xustificación da solvencia técnica.

Declaración na que se indiquen maquinaria, material e equipo técnico, dos que dispoñerá o empresario, para a execución das obras.

H) Presentación de proposicións.

As proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, antes das 12 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

I) Apertura de proposicións.

Terá lugar na Sala de Xuntas da Delegación Provincial da Coruña a partir das 10 horas do segundo día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

J) Anuncios.

O gasto dos anuncios será por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 5 de decembro de 1995.

P.O. (Orde 10-2-1995)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

7897