Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1995 pola que se anuncia a contratación dun servicio de apoio técnico-funcional á explotación do sistema de xestión de procedementos administrativos da Xunta de Galicia, mediante concurso público, polo sistema de procedemento aberto, por razón de urxencia, convocado a través da Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

Obxecto do contrato: contratación do servicio de apoio técnico-funcional á explotación do sistema de xestión de procedementos administrativos da Xunta de Galicia, mediante concurso público, polo sistema de procedemento aberto, por razón de urxencia, convocado pola Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

Prazo de execución: un ano, contado desde o momento da sinatura do contrato.

Orzamento: 88.000.000 de ptas. IVE incluído.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central de San Caetano, 2ª pranta en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 1.760.000 ptas.

Fianza definitiva: 3.520.000 ptas.

Clasificación que se esixe: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día en que se cumpran 26 días naturais, contados a partir do 7 de decembro, data na que se remite ó Diario Oficial das Comunidades Europeas para a súa publicación nel.

Apertura de proposicións: en acto público ós tres días naturais, contados a partir do día seguinte ó de finalización de presentación de proposicións, ás trece horas, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de

Compostela. Se esta data coincidise en sábado, a apertura celebrarase o seguinte día hábil.

O importe deste anuncio que se publica no Diario Oficial das Comunidades Europeas (DOCE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG) correrá por conta do adxudicatario que o deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

95-08191