Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.371

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (354/1995).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítase co número 354/1995 expediente de dominio por instancia de Fernando Blanco Doce para a inscrición por reunión do tracto sucesivo no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, dos seguintes predios:

«Casa de planta baixa e piso alto, sinalada co número cinco, sita no río dos Sapos, nomeada do Monte, parroquia de San Fructuoso de Fóra, cunha extensión superficial que non consta no título e linda: pola súa dereita entrando, ou norte, a que a seguir se describe; esquerda, ou sur, de Manuel Santos; costas ou oeste, camiño de carro; e fronte ou oeste, por onde ten entrada principal con campo que dá entrada ó río dos Sapos».

«Contigua ó predio precedentemente descrito, unha herdade a labradío, dividida por un carreiro de servicio exclusivo para a referida casa, da extensión aproximada de cinco ferrados, equivalentes a trinta e unha áreas e corenta e cinco centiáreas, que linda: norte, de Luis Santiso (hoxe Aurea Turnes); sur, terreos da viúva de Secades; leste, camiño do río dos Sapos e oeste, a casa precedentemente descrita».

«Ó longo da anterior, outro terreo a labradío, da extensión superficial aproximada dun ferrado, igual a seis áreas e vintenove centiáreas, que linda: sur, con terreo de Luis Santiso (hoxe Aurea Turnes) e Ramón Mirás Ponte; leste, camiño do río dos Sapos; oeste, camiño veciñal; e norte, agro de varios veciños do río dos Sapos e do barrio da Asén e ó longo do terreo dunha tal Pura e irmáns que cultiva Tomás Suárez».

E para que sirva de citación ás persoas descoñecidas ás que poida prexudica-la inscrición solicitada, co fin de que dentro do termo de dez días poidan comparecer no expediente, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o dous de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

95-08110