Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.371

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (52/1990).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fai saber: que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo nº 52/1990 sobre reclamación de cantidade, nos que é demandante Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Jesús Raposo Quintas, e demandado Moblar Gallega, S.A. e outros, sendo a contía do asunto a de 2.505.920 pesetas de principal, máis 500.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custos, cítase de remate o demandado Moblar Gallega S.A. para que, no prazo de nove días a partir

da publicación, poida oporse á execución e compareza nos autos por medio de procurador, apercibido de que, de non efectualo, será declarado en rebeldía, e seguirá o xuízo o seu curso sen volver a citalo nin facerlle outras notificacións que determine a lei.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado Moblar Gallega, S.A., expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 10 de outubro de 1995.

O secretario

Rubricado

7512