Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.371

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (321/1994).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial.

Fai saber: que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de proceso civil de cognición co nº 321/1994 a pedimento de Omega de Economía Santiago, S.L., representada polo procurador Regueiro Muñoz contra outros e Academia Santos Iglesias, S.L., da que se descoñece o seu domicilio, sobre reclamación de cantidade, e dictouse providencia e acordouse o emprazamento do demandado antes indicado para que, no termo de nove días, compareza en autos baixo apercibimento de que, se non o verifica, será declarado en rebeldía, darase por contestada a demanda e seguirá o xuízo o seu curso.

E para que lle sirva de emprazamento en forma ó demandado Academia Santos Iglesias, S.L. e publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no BOP, expido o presente edicto, que é dado en Santiago de Compostela o dous de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada

Rubricado

O secreatrio

Rubricado

7554