Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 13 de decembro de 1995 Páx. 9.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1995 pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto das obras de clave CS-30-06-95/209.

A) Obras.

Reparación e adecuación das lonxas da provincia da Coruña.

Clave: CS-30-06-95/209.

Orzamento: douscentos corenta e seis millóns duascentas noventa e unha mil oitocentas once (246.291.811).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación:

Grupo C, subgrupo 2, categoría d.

Grupo C, subgrupo 6, categoría d.

Grupo C, subgrupo 9, categoría d.

(Declaradas urxentes con base no establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas.)

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estarán de manifesto a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da L.C.A.P. e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As propostas haberán de dirixirse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimoquinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás doce horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1995.

P.D (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

8089