Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 13 de decembro de 1995 Páx. 9.348

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (101/1995).

Por medio da presente cédula, que se expide en méritos do acordado en autos de xuízo executivo número 101/1995, seguidos por instancia de Joyter Gestión, S.L., representada pola procuradora Sánchez Silva, contra Coreco, S.L., que tivo o domicilio social no lugar de Leira, do termo municipal de Ordes, e actualmente en domicilio descoñecido para a parte demandante; cítase de remate a dita entidade demandada co fin de que dentro do termo de nove días compareza en forma nos indicados autos e se opoña á execución, se vise que lle convén, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e segui-lo xuízo o seu curso sen volver citala nin lle facer outras notificacións que as que determine a lei.

Dada en Santiago de Compostela, trinta de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

8089