Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 13 de decembro de 1995 Páx. 9.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1995 pola que se anuncia a licitación polo sistema de poxa procedemento aberto da obra de clave LU-11-05-95/426.

A) Obra.

Reparación das lonxas de Ribadeo, Burela (nave nº 3), San Cibrao, Celeiro (Pincho Gran Sol) e O Vicedo.

Clave: LU-11-05-95/426.

Orzamento: oitenta millóns trescentas corenta e catro mil trescentas corenta e seis (80.344.346) pesetas.

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo C, subgrupo 1, 4, 6, 7 e 9, categoría c.

(Declaradas urxentes con base no establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas.)

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979 e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As propostas haberán de dirixirse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás doce horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1995.

P.D (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7889