Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 13 de decembro de 1995 Páx. 9.345

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 21 de novembro de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio mortis causa das bateas de cultivo de mexillón denominadas G.M.P. número 1 e DAMA número 2, a favor de Generosa Miranda Pérez, José Miguel e Mª José Outeiral Miranda.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e

do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: G.M.P. nº 1

Cultivo: mexillón

Localización: Pobra do Caramiñal E, cuadrícula 134

Data da concesión: 19-6-74

Data do remate da última prórroga: 14-08-2.004

Anterior concesionario: Wenceslao Outeiral Carreño e Generosa Miranda Pérez

Novos titulares da concesión e batea: Generosa Miranda Pérez y Mª José Outeiral Miranda.

Denominación da batea: Dama nº 2

Cultivo: mexillón

Localización: Pobra do Caramiñal H, cuadrícula 12

Data da concesión: 29-2-64

Data do remate da última prórroga: 30-3-2.004

Anterior concesionario: Wenceslao Outeiral Carreño

Novos titulares da concesión e batea: José Miguel Outeiral Miranda (usufructuaria: Generosa Miranda Pérez).

Os novos titulares quedan subrogar nestes dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 21 de novembro 1995.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

8044