Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento da sección C da concesión de explotación Trives número 4597.1, sita no concello da Pobra de Trives (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense dá a coñecer que, por acordo da Dirección Xeral de Industria do 23 de agosto de 1995, se somete a información pública o estudio de impacto ambiental seguinte:

Proxecto: aproveitamento da sección C. Concesión de explotación Trivas I, nº 4597.1.

Situado en: Somoza, termo municipal da Pobra de Trives (Ourense).

Solicitante: Canteras Hermanos Cortiñas, S.L.

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 30 dís hábiles contados a partir da presente publicación e de conformidade co establecido no punto 2 do Art. 5 Decreto 442/1990, do 13 setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

Ourense, 9 de novembro de 1995

Alfredo Cacharo Pardo

Delegado provincial de Ourense

95-7866