Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 173-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición

de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subtr DC e C.T. tipo subtr en Cruceiro da Coruña.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm AL, en dobre circuíto de 60 m de lonxitude, con orixe no C.T. Palas (Expte. 52048) e remate no C.T. que se vai instalar en, Cruceiro da Coruña. Centro de transformación no soto edificio vivendas no Cruceiro da Coruña, de 400 kVA, con dúas celas de liña e cela protección trafo. Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de novembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-7833