Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha central de coxeración nas Gándaras, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Frinova, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: na parcela 9 do polígono das Gándaras, concello do Porriño.
Finalidade da instalación: xeración de enerxía eléctrica e aproveitamente da calor residual.
Características principais: 2 grupos motoxerador cunha potencia de 1.190 kVA cada un, aparellaxe e sistemas de control e protección, así como equipo auxiliar de interconexión e unha capacidade de almacenamento de gasóleo de 75.000 l.
Orzamento: 145.040.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 26 de outubro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
7861