Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 9 de novembro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expedientes número PO-03136-O-94 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o Director Xeral de Transportes, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 9 de novembro de 1995.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-03136-O-94

PO-9954-AG

G.C. Tráfico

Ordinsa, S.A.

Porta do sol,10

36202 Vigo-Pontevedra

Realizar un transporte de material de construcción desde Pontevedra ata Vilagarcía de Arousa, carecendo da tarxeta visado de transportes. Servicio privado. Vehículo lixeiro.

22-11-1994; 11; C-531; 4,400

Art. 141 b)

en Relac.

142 m) y

103 LOTT

Art. 198 b)

y 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

PO-02923-I-94

Agencia carga

fraccionada

G.C. Tráfico

Cotemar, S.L.

Rexenxo-Petelos s/n

36416 Mos

Pontevedra

Non realiza-lo visado da autorización no prazo que determina a administración, segundo resolución da dirección Xral. de Ttes. de fecha 7-2-1994 (BOE do 15-2). Axencia de transportes de carga fraccionada.

30-11-1994

Art. 142 n)

LOTT

Art. 199 n)

ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

PO-00332-O-95

C-1365-AJ

G.C. Tráfico

Conservas Olímpicos, S.A.

San Roque, 68

36206 Vigo-Pontevedra

Circular realizando un transporte de sal, carecendo dos distintivos de radio de acción. Transporta a mercadoría desde Vilagarcía de Arousa ata Barrantes. Servicio privado complementario.

20-2-1995; 11.45; C-550; 23,200.

Art. 142 c) LOTT

Art. 199 n) ROTT

O.M. 25-10-1990

143 LOTT

201 ROTT

15.000

PO-00082-O-95

PO-2522-P

G.C. Tráfico

Electricidad Galiñanes, S.L.

Concepción Arenal, 79 baixo

36780 A Guarda

Pontevedra

Circular transportando material eléctrico desde O Grove ata Puxeiros, carecendo de tarxeta de transportes. Realiza servicio privado. Vehículo lixeiro.

10-1-1995; 17.45; C-550; 47

Art. 141 b)

en Relac.

142 m) y

103 LOTT

Art. 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

PO-00145-O-95

PO-5041-AL

G.C. Tráfico

Lavandería Xunca Blanca, S.L.

Xunca Blanca

36960 Sanxenxo

Pontevedra

Circular cun furgón transportando poliuretano desde Guillarei ata Dena, carecendo da correspondente tarxeta visado de transportes en vigor. Carece de distintivos de ámbito. Servicio privado. Vehículo lixeiro.

17-1-1995; 15.30; A-9; 137,500.

Art. 141 b)

en Relac.

142 m) y

103 LOTT

Art. 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

95-7797