Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, por poxa e tramitación urxente, da obra de clave RC-AC-95.08.

A) Obras.

Clave: RC-AC-95.08

Título: mellora de algargamento de pontes na travesía de Arteixo.

Orzamento: quince millóns duascentas quince mil seiscentas sesenta (15.215.660) pesetas.

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: trescentas catro mil trescentas trece (304.313) pesetas.

B) Documentación de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, nos días e horas hábiles de oficina na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A, salvo nos casos establecidos na cláusula nº 14 do prego de cláusulas administrativas particulares, e unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se une ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Contenido de proposición.

Segundo indicado na cláusula nº 15 do prego de cláusulas administrativas particulares.

F) Medios de xustifiación de solvencia económica e financeira.

Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras ou traballos relizados nos tres últimos exercicios.

G) Medios de xustificación da solvencia técnica.

Declaración onde se indique a maquinaria, material e equipo técnico, que dispoñerá o empresario, para a execución das obras.

H) Presentación de proposicións.

As proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, antes das 12 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

I) Apertura de proposicións.

Terá lugar na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña a partir das 10 horas do terceiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que, o dito día, coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

J) Anuncios.

O gasto dos anuncios será por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 1 de decembro de 1995.

P.D (Orden 30-1-1995 e 10-2-1995)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

95-7763