Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1995 pola que se anuncia a licitación da asistencia técnica de clave E/SC/95.89.

Concurso por procedemento aberto.

Asistencia técnica para o concurso de explotación e instalación de estacións de aforo nas estradas da rede autonómica.

Orzamento: 83.776.476 ptas. (oitenta e tres millóns setecentas setenta e seis mil catrocentas setenta e seis pesetas).

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Edificios administrativos de San Caetano.

Santiago de Compostela, A Coruña (España).

Teléfono: 981/54 49 86.

Telefax: 981/54 45 29.

2. Categoría de servicio e descrición. Número de referencia da CCP.

Categoría 12. Número de referencia da CCP 867.

3. Lugar de execución.

Rede de estradas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. a), b)

c) Cualificación profesional do persoal responsable.

É a indicada no apartado 5.3 do prego de prescricións técnicas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate.

Non existe posibilidade.

6. Variantes.

Os licitadores poderán introducir nas súas proposicións as modificacións que poidan facelas más convenientes para a realización do obxecto do contrato.

7. Prazo de execución do contrato: 12 meses.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Subdirección Xeral de Estradas. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela- A Coruña (España). Teléfono: 981/54 49 86.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude: 15 de xaneiro de 1996.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 25 de xaneiro de 1996, ás 11 horas.

10. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (1.675.530 ptas.).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (3.351.059 ptas.).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

11. Modalidades básicas de financiación e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pagamento efectuarase por certificación mensual aprobada pola Dirección Xeral de Obras Públicas, obténdose a súa contía a partir da aplicación dos prezos unitarios ás unidades de obra realmente executadas.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas Particulares.

16. Información complementaria.

Clasificación: grupo III, subgrupo 7, Categoría C.

17. Data de envío do anuncio: 24 de novembro de 1995.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 24 de novembro de 1995.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1995.

P.D. (O. 12-13-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8070