Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación do contrato da obra CXO-95-I Ordes.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e segundo a desconcentración de competencias ós delegados provinciais, do Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, faise pública a adxudicación do contrato que se relaciona a continuación:

Clave: CXO-95-I Ordes.

Título: mellora de capa de rodadura, estrada Ordes-Cerceda.

Adxudicatario: Antonio Fernández Gerpe.

Orzamento de adxudicación: 104.555.938 ptas.

A Coruña, 25 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 30-1-1995)

Jesús Almuiña Loeda

Delegado provincial da Coruña

7862