Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.310

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (70/1995).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento de xuízo executivo, baixo o número 70/1995, por instancia do Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra Antonio Allende Liñares e Dolores González Ríos, nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de 20 días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 14 de febreiro de 1996, ás 12.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 8.050.000 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 11 de marzo, ás 12.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-De resultar deserta a segunda, sinalouse para a treceira poxa o próximo día 8 de abril, ás 12.30 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, a excepción do acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren adimitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal, desta cidade, e deberán facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0070/1995, e o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendendo que todo licitador os acepta como bastantes, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houbese, continuarán subsistentes e sen cancelar, e entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás que corresponda ó mellor postor, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o demandante o pedise, ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas ós prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexaran aproveita-lo remate os outros licitadores e sempre pola orde destas.

Undécima.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificarase ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

1.-Urbana: casa de planta baixa, duns 116 m de superficie, cun terreo que a circunda, que é un toxal, dunhas 6 áreas e 29 centiáreas, coñecido como Agro da Canle, en termos do Lugar de Beneso, parroquia de Goiáns, municipio de Porto do Son. O conxunto, que forma un só predio limita: norte, muro de contención propio deste predio e despois ribeira-mar; sur, camiño de servidume e parte Manuel; leste, Manuel Tomé e oeste, nunha lonxitude de 28 m de Apolino Agra Barreiro. Está dotada do servicio de auga corrente que provén da traída de augas coñecida

por traída de augas dos veciños de Beneso. Inscrita no Rexistro de Noia, ó tomo 562, libro 84, folio 102, leira número 6.768.

Valorada o dito predio en 7.800.000 pesetas.

2.-Furgoneta mixta Seat Terra, matrícula C-3086-AU.

Valorado o dito vehículo en 250.000 pesetas.

Total valoración: 8.050.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o 10 de novembro de 1995.

Rubricado.

8061