Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 350/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. en pista de motocross en Vilar, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Concello de Crecente.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 19 da L.M.T., propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., Frieira á Cañiza ata o C.T. que se proxecta na pista de motocross de Vilar, concello de Crecente.

Finalidade da instalación: subministrar enerxía á pista de motocross.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 692 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos.

C.T. de 25 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Orzamento: 2.804.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 16 de outubro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7717