Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.304

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/1560/1995, interposto por Carmen Crespo López e outros.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 1/1560/1995, interposto por Carmen Crespo López e outros contra a resolución deste centro directivo do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de personal estatutario do Servicio Galego de Saúde, en concreto no que se refire ás categorías de traballador social e grupo de xestión da función administrativa.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei regulamentadora da xusrisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedimento e se emprazan para que poidan comparecer e constituirse en parte en autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de recursos Humanos

95-08040