Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.304

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de novembro de 1995 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala de letrados.

Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia

Grupo A. Escala de Letrados

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir catro prazas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados, polo sistema de acceso libre e procedemento de oposición.

Por non alcanzarse o mínimo necesario, non se reserva para minusválidos ningunha das prazas convocadas, de acordo co previsto no Decreto 201/1995, do 23 de xuño.

I.1.2. Ás presentes probas selectivas seranlles aplicables a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública

de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; o capítulo II do título II do Decreto 370/1992, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, e demais normas concordantes, así como o disposto na presente convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.1.1. Ser español.

I.2.1.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.1.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título de licenciado en dereito.

I.2.1.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.1.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.1 deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes

I.3.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán facelo constar en instancia (anexo II). Á instancia xuntaráselle, fotocopia do documento nacional de identidade e o xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente.

Como requisito necesario para participar nestas probas, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 8.660 ptas. e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación, sinalado no anexo III. Este impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo III. A non presentación do impreso de autoliquidación, dilixenciado co selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que se fai

referencia no apartado terceiro da base I.4.2. na que se acorde a súa exclusión definitiva.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, e oficinas de correos nas condicións á que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas polos españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que llas remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente, na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se atopan expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número do documento nacional de identidade de cada un deles.

I.4.2. Os aspirantes excluidos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poderen emendar, se é o caso, o defecto ou defectos que motivasen a exclusión.

Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de emenda entenderanse implícitas na resolución pola que se publique o listado definitivo de aspirantes admitidos e excluídos.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados estaren posesión dos requisitos esixidos para participar no procedemento selectivo que se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que hai que presentar, no caso de superación polos aspirantes do proceso selectivo, se desprenda que non se posúe

algún de tales requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación neste procedemento.

II. Probas selectivas.

II.1. As probas selectivas constarán de seis exercicios, todos eles con eficacia eliminatoria, que se realizarán de acordo coa orde que se recolle no anexo I da presente convocatoria.

II.2. O programa que rexerá nas probas selectivas será o aprobado por Resolución do 5 de setembro de 1994, da Dirección Xeral da Función Pública, e publicado no Diario Oficial de Galicia nº 178, do 14 de setembro de 1994, e corrección de erros, no Diario Oficial de Galicia nº 199, do 14 de outubro de 1994.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios.

II.3.1. A orde de actuación dos aspirantes iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «R», de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 9 de marzo de 1995, pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o día 9 de marzo de 1995 (DOG nº 67, do 5 de abril).

II.3.2. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, e serán excluídos das probas selectivas aqueles que non comparezan. Sen embargo, poderán ser tidos en consideración os casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para efectos dun posterior chamamento.

II.3.4. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación.

II.3.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera dúbidas sobre a personalidade dalgún dos aspirantes ou chegara ó seu coñecemento que non cumpre algún dos requisitos de capacidade esixidos na base I.2.1 da presente convocatoria, poderá ser requirido para que os acredite e se así non o fixera o interesado, acordará a súa exclusión do proceso.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso ordinario conforme co previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

II.3.6. Os aspirantes que superen o proceso selectivo figurarán na lista de aprobados pola orde resultante da suma das puntuacións obtidas na oposición.

III. Tribunais.

III.1. O tribunal cualificador destas probas será designado por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública e a súa composición será a determinada polo artigo 17.6º do Decreto 370/1992, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

III.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles algunha das circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se dedicaran á preparación de opositores nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.3. Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomee os novos membros do tribunal, designados en sustitución dos que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.2.

III.4. Logo de convocatoria do presidente do tribunal, constituirase o tribunal. Tal constitución entenderase válida no caso de asistir a ela a maioría dos membros do tribunal.

A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

III.5. A actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.6. De cada sesión de pleno do tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.7. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación de asesores especialistas no desenvolvemento das probas correspondentes a aqueles exercicios do proceso selectivo en que así o estime pertinente, limitándose os ditos asesores a prestaren a súa colaboración funcional nos aspectos técnicos propios e característicos das súas especialidades. A designación de tales asesores deberalle ser comunicada ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

III.8. O tribunal adoptará as medidas precisas, naqueles casos en que resulte necesario, para que os aspirantes con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3 gocen para a realización

das probas de similares condicións có resto dos demais participantes.

III.9. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

III.10. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarará que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña esta limitación será nula de pleno dereito.

III.11. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, este resolverase pola puntuación obtida no primeiro exercicio e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva o empate. De persistir estes, resolverase pola orde alfabética, de acordo co sorteo que tivo lugar o día 9 de marzo de 1995.

III.12. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral, edificio administrativo San Caetano, 15704 Santiago de Compostela, teléfonos 54 58 98 e 54 58 76.

IV. Lista de aprobados.

IV.1. Rematadas as probas selectivas, o tribunal fará público no Diario Oficial de Galicia, no lugar ou lugares de celebración do último exercicio e naqueloutros que estime oportuno, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións alcanzadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal enviaralle ó director xeral da Función Pública a lista dos aspirantes que superaron tódolos exercicios, con indicación da puntuación alcanzada en cada un deles, xunto coa proposta dos seleccionados para seren nomeados funcionarios de carreira.

V. Presentación de documentos, nomeamento e toma de posesión.

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta do tribunal de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose no Diario Oficial de Galicia, e a partir da dita publicación computarase o prazo de vinte días naturais para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2, ou certificación académica ou outros documentos que acrediten fidedignamente ter realizado tódolos estudios para a obtención do título académico.

b) Declaración baixo xuramento de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

c) Certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.1.4.

V.2. Se dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior, os aspirantes aprobados non presentasen a documentación esixida, ou do exame dela deducirase que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados funcionarios e quedarán anuladas as actuacións correspondentes á súa participación nas probas selectivas, sen perxuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.3. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos e formalidades esixidas na base V.1., os que o superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, figurando na lista definitiva de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.4. A toma de posesión dos aspirantes aprobados efectuarase no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coas previsións das leis 4/1986, do 26 de maio, da función pública de Galicia, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VI. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos previstos e na forma establecida pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme ó previsto na Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

ESTRUCTURA E DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS SELECTIVAS

1. As probas selectivas estructuraranse en seis exercicios, que se desenvolverán pola seguinte orde:

O primeiro exercicio consistirá en expoñer oralmente, durante un tempo máximo de setenta minutos, dous temas de dereito civil; un de dereito mercantil; un de dereito hipotecario; dous de dereito procesal e un de dereito do traballo. Os temas serán designados ó chou, expoñeranse pola orde indicada e o tempo mínimo dedicado á exposición de cada tema non poderá ser inferior a cinco minutos.

O segundo exercicio consistirá na lectura ante o tribunal dun texto orixinal nun idioma comunitario elixido polo opositor na súa solicitude, así como na traducción del; escollerá para tal efecto o tribunal o texto sobre o que se practicará esta proba. Para

a verificación deste exercicio o tribunal poderá ser asistido polos pertinentes asesores especialistas, designados por el.

O terceiro exercicio, de carácter práctico e escrito, terá unha duración de cinco horas, e os opositores poderán consultar textos legais e xurisprudenciais.

O cuarto exercicio consistirá en expoñer oralmente, durante un tempo máximo de setenta minutos, dous temas de dereito constitucional, comunitario e autonómico , un do 1 ó 20 e outro do 21 ó 40; dous temas de dereito administrativo, un do 1 ó 29 e outro do 30 ó 55 ; dous de facenda pública e un de dereito penal. Os temas serán escollidos ó chou, expoñeranse pola orde indicada e o tempo mínimo dedicado á exposición de cada tema non poderá ser inferior a cinco minutos.

O quinto exercicio, de carácter práctico e escrito, terá unha duración de cinco horas, e os opositores poderán consultar textos legais e xurisprudenciais.

O sexto exercicio consistirá na lectura ante o tribunal dun texto orixinal en lingua galega, así como na traducción del, e para tal efecto o tribunal designará o texto sobre o que se practicará esta proba.

Para prepara-la exposición oral dos temas correspondentes ós exercicios primeiro e cuarto, concederáselle ó opositor un tempo de dez minutos.

2. Os exercicios das probas selectivas cualificaranse de acordo coas seguintes normas:

2.1. A cualificación dos opositores farase mediante papeletas, unha por cada membro do tribunal, que consignarán o nome e número do opositor, coa cualificación que merecese.

2.2. O número de puntos para a cualificación será de cero a cinco por cada tema nos exercicios teóricos, de 0 a 35 puntos polo conxunto do exercicio en cada un dos prácticos, e de cero a cinco puntos no exercicio de idiomas.

2.3. En tódolos exercicios o escrutinio farao cada opositor, excluíndo as dúas papeletas que conteñan as puntuacións máxima e mínima, sen que en ningún caso poidan ser excluídas máis dunha máxima e unha mínima; sumaranse os puntos consignados en tódalas restantes e o total dividirase polo número de papeletas computadas. O cociente obtido constituirá a cualificación.

2.4. O opositor que en calquera exercicio non alcance unha cualificación superior á metade da puntuación máxima posible, conforme ó establecido no apartado 2.2 anterior, quedará definitivamente eliminado das probas selectivas.

2.5. As cualificacións deberán facerse públicas ó final de cada sesión, cando se trate dos exercicios teóricos. Nos exercicios prácticos e no exercicio de idiomas publicaranse conxuntamente, despois de finalizar cada un dos ditos exercicios, poidendo o tribunal utilizar, para deliberar, o tempo que sexa necesario.

2.6. A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios.

ANEXO II

(CONTINUACIÓN)

Instruccións para o/a interesado/a.

Instruccións xerais.

-Escriba soamente a máquina ou con bolígrafo utilizanso maiúsculas de tipo imprenta.

-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles.

-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscaduras.

-Non esqueza asina-lo impreso.

Provincia de nacemento.

Consigne o texto e o código correspondente, tomando en consideración:

01 Álava14 Córdoba27 Lugo40 Segovia
02 Albacete15 A Coruña28 Madrid41 Sevilla
03 Alacante16 Cuenca29 Málaga42 Soria
04 Almería17 Xirona30 Murcia43 Tarragona
05 Ávila18 Granada31 Navarra44 Teruel
06 Badaxoz19 Guadalaxara32 Ourense45 Toledo
07 Baleares20 Guipúscoa33 Asturias46 Valencia
08 Barcelona21 Huelva34 Palencia47 Valladolid
09 Burgos22 Huesca35 As Palmas48 Biscaia
10 Cáceres23 Xaén36 Pontevedra49 Zamora
11 Cádiz24 León37 Salamanca50 Zaragoza
12 Castellón25 Lleida38 Tenerife51 Ceuta

13 Cidade Real26 A Rioxa39 Cantabria52 Melilla

95-7760