Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.298

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de novembro de 1995 pola que se regulan as titulacións equivalentes para efectos de docencia para o acceso ás escalas de profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, e se establecen as titulacións necesarias para o desempeño de postos en réxime de interinidade.

A Lei 12/1992, do 9 de novembro, de creación de determinadas escalas de persoal funcionario ó servicio da Xunta de Galicia, crea as escalas de profesores numerarios (grupo A) e mestres de taller (grupo B) de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

Para o acceso ás escalas de profesores numerarios e mestres de taller requírese estar en posesión, respectivamente, do título de doutor, enxeñeiro, arquitecto, licenciado superior ou equivalente a efectos de docencia e do título de diplomado, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou equivalente para efectos de docencia.

Neste sentido, a disposición transitoria segunda do Decreto 428/1993, do 17 de decembro, polo que se regula e refunde a normativa en materia de formación náutico-pesqueira, habilita a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para aproba-las titulacións requiridas para os efectos de equivalencia para cada unha das materias que deben imparti-los profesores numerarios e mestres de taller, recollidos nos artigos 3.3º e 4.3º da Lei 12/1992.

Como excepción, e para o desempeño en réxime de interinidade dos postos de profesores numerarios e mestres de taller, cómpre establece-las titulacións esixibles para cada unha das especialidades ou materias que se imparten nas ensinanzas marítimo-pesqueiras. A necesidade de concreta-lo sistema de cobertura temporal de vacantes establecido no Decreto 252/1992, do 30 de xullo, a través da esixencia dunha titulación específica, xustifícase pola conveniencia de garantir que o persoal interino seleccionado reúna as condicións precisas de coñecemento e competencia para desenvolve-la súa función docente, tendo en conta que estas condicións non se demostran nun previo concurso-oposición e que para a inclusión nas listas que prevé o citado decreto só se require unha titulación xenérica segundo a escala de que se trate, na súa virtude, estas consellerías,

DISPOÑEN:

Artigo 1º.-Materias e especialidades.

1. As materias que terán que imparti-los profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros agrúpanse nas especialidades que se indican no apartado 1 do anexo I.

2. As materias que terán que imparti-los mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros agrúpanse nas especialidades que se indican no apartado 1 do anexo II.

3. A impartición dunha determinada materia suporá a adscrición do profesor numerario ou mestre de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros á especialidade que corresponda.

Por necesidades docentes poderá esixírselle ó devandito persoal a impartición doutras materias da mesma especialidade.

Artigo 2º.-Equivalencias para efectos de docencia.

En relación co disposto nos artigos 3.3º e 4.3º da Lei 12/1992, decláranse equivalentes para efectos de docencia as titulacións que se expresan no apartado 2 do anexo I para profesores numerarios e no apartado 2 do anexo II para mestres de taller.

Artigo 3º.-Desempeño de postos en réxime de interinidade.

1. Para o desempeño de postos de profesores numerarios e mestres de taller en réxime de interinidade utilizaranse as listas elaboradas ó abeiro do Decreto 252/1992, do 30 de xullo.

2. Para cada unha das especialidades das escalas de profesores numerarios e de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, o chamamento de aspirantes con ocasión de vacante efectuarase segundo a orde obtida nesas listas, sempre que conten con algunha das titulacións consideradas idóneas, que se recollen nos anexos III e IV.

3. Da posesión destas titulacións estarán exceptuados os aspirantes que, unha vez celebrado concurso-oposición para o ingreso nas referidas escalas, superen tódalas probas da fase de oposición pero non o proceso selectivo, na especialidade a que corresponda á praza vacante.

Disposición adicional

O conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura poderá aproba-la ampliación, supresión ou modificación de materias e especialidades de conformidade cos plans de estudio que no futuro se establezan.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1995.

Dositeo Rodríguez RodríguezJuan Caamaño Cebreiro

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Pesca,

e Administración PúblicaMarisqueo e Acuicultura

ANEXO I

1. Materias que deben imparti-los profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, e especialidades ás que corresponden.

MateriaEspecialidade

Navegación e meteoroloxíaNáutica e transporte marítimo.

Coñecementos do buque, estabilidade, manobra, regulamentos e estibaNáutica e transporte marítimo.

Dereito marítimo e lexislación pesqueiraNáutica e transporte marítimo.

MateriaEspecialidade

Seguridade marítimaNáutica e transporte marítimo.

Hixiene no traballo e primeiros auxilios a bordoNáutica e transporte marítimo.

Inglés marítimoNáutica e transporte marítimo.

Motores de combustión interna e instalacións propulsorasMáquinas navais.

Sistemas mecánicos e pneumohidráulicosMáquinas navais.

Sistemas auxiliares, vapor e fríoMáquinas navais

Sistemas eléctricos e electrónicosSistemas eléctricos e electrónicos.

Bioloxía pesqueiraBioloxía pesqueira.

Pesca marítimaPesca marítima.

Cultivos mariñosProcesos de cultivo acuícola.

Educación físicaEducación física.

MatemáticasCiencias.

FísicaCiencias.

Formación humanísticaSociais.

Lingua e literatura galegaLingua galega.

Lingua e literatura españolaLingua española.

Debuxo técnicoExpresión gráfica.

Relacións no medio de traballoFormación e orientación laboral.

Formación e orientación laboralFormación e orientación laboral.

Administración, xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación laboral.

2. Equivalencias de titulacións para efectos de docencia para o ingreso na escala de profesores mumerarios.

Para a impartición das materias correspondentes ás especialidades que se sinalan, decláranse equivalentes ós títulos de doutor, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto as titulacións seguintes:

2.1. Especialidade de:

-Náutica e transporte marítimo

titulación equivalente:

-Diplomado en navegación marítima.

2.2. Especialidade de:

-Máquinas navais.

titulacións equivalentes:

-Diplomado en máquinas navais.

-Enxeñeiro técnico naval, especialidade en propulsión e servicios do buque.

-Enxeñeiro técnico naval, especialidade en estructuras mariñas.

2.3. Especialidade de:

-Sistemas eléctricos e electrónicos.

titulación equivalente:

-Diplomado en radioelectrónica naval.

2.4. Especialidade de:

-Formación e orientación laboral.

titulacións equivalentes:

-Diplomado en ciencias empresariais.

-Diplomado en relacións laborais.

-Diplomado en traballo social.

-Diplomado en educación social.

2.5. Especialidade de:

-Expresión gráfica.

titulación equivalente:

-Arquitecto técnico.

2.6. Especialidade de:

-Pesca marítima.

titulación equivalente:

-Capitán de pesca (adicional 2ª do Decreto 428/1993, do 17 de decembro).

ANEXO II

1. Materias que deben imparti-los mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, e especialidades ás que corresponden.

MateriaEspecialidade

Instructor de pescaPesca marítima

Prácticas do buque (ponte e cuberta)Navegación marítima

Soldadura e caldeireríaMáquinas navais

Axuste e tornoMáquinas navais

Conducción, vapor e fríoMáquinas navais

Motores de combustión internaMáquinas navais

Pneumática e hidráulicaMáquinas navais

Electricidade, electrónica e e procedementos radiotelefónicosElectricidade, eléctronica e procedementos radiotelefónicos

Instalacións e equipos de cultivoMáquinas e instalacións acuícolas

Técnicas de cultivos auxiliaresInstalacións e equipos de cría e cultivo

Parámetros e condicions de cultivoInstalacións e equipos de cría e cultivo

2. Equivalencias de titulacións para efectos de docencia para o ingreso na escala de mestres de taller.

Para a impartición das materias correspondentes ás especialidades que se sinalan, decláranse equivalentes ós títulos de diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico as titulacións seguintes:

2.1. Especialidade de:

-Pesca marítima.

titulacións equivalentes:

-Patrón de pesca de altura.

8043