Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 13 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-EC-10/1995, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de vinte (20) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

Nº 311-152-115/8-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-EC-10/1995.

Denunciada: Berta López Fernández.

DNI nº: 76.612.662.

Último enderezo coñecido: Aguiada, 7, Calvor, Sarria.

Feitos imputados: non dispoñe-la vaca da súa propiedade para facela lectura da proba da tuberculina o día 6-4-1995, impedindo completa-lo saneamento correspondente á campaña de 1995.

Tipificación da infracción: no Regulamento de epizootias.

-Precepto infrinxido: artigo 113.

-Precepto sancionador: artigo 209, parágrafo 3º.

-Cualificación da infracción: menos grave.

-Sanción imposta: 5.000 ptas.

Lugo, 13 de novembro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo