De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.
En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de vinte (20) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:
Nº 311-152-116/7-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.
ANEXO
Expediente: LU-291/1994.
Denunciado: Julio Montoya Caamacho.
DNI nº: 34.243.194.
Último enderezo coñecido: rúa Poeta Aquilino Alvariño, Lugo.
Feitos imputados: dedicarse á comercialización de animais vivos, carecendo do carné de tratante.
Tipificación da infracción: no Regulamento de epizootias.
-Precepto infrinxido: artigo 195.2º.
-Precepto sancionador: artigo 213.
-Cualificación da infracción: grave.
-Sanción imposta: 5.000 ptas.
Lugo, 13 de novembro de 1995.
José Ramón Molinero Senovilla
Delegado provincial de Lugo