Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicos os pregos de cargos formulados nos expedientes sancionadores, incoados ó abeiro da Lei 14/1985, que se citan (C-36/1994 e nove máis).

Intentada a notificación directa ós interesados do prego de cargos nos expedientes de referencia, e ó non poder efectuar este, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

Expedientes sancionadores: C-36/94, C-5/95, C-6/95, C-15/95, C-18/95, C-19/95, C-20/95, C-21/95, C-22/95 e C-23/95.

Interesados: Asociación Cultural de Minusválidos (Ascumi), sita na rúa Álava número 5 de Fuenlabrada (Madrid) e outras persoas que puidesen resultar responsables.

Prego de cargos:

«Segundo os contidos das actas dos días 30 de novembro de 1994, cumprimentada e ampliada cun informe de data 24 de xullo de 1995; do 20 de xaneiro de 1995, cumprimentada e ampliada cun informe de data 21 de xullo de 1995; do 20 de xaneiro de 1995, cumprimentada e ampliada cun informe de data 20 de xullo de 1995; do 29 de maio de 1995, cumprimentada e ampliada cunha acta de data 20 de xuño de 1995; do 3 de agosto de 1995, cumprimentada e ampliada cun informe de data 9 de agosto de 1995; do 8 de maio de 1995, cumprimentada e ampliada cun informe de data 20 de xullo de 1995; do 19 de maio de 1995, cumprimentada e ampliada cun informe do 24 de xullo de 1995; do 29 de maio de 1995, cumprimentada e ampliada cun informe do 20 de xullo de 1995; do 6 de xullo de 1995, cumprimentada e ampliada cun informe do 21 de xullo de 1995 e do 6 de xullo de 1995, cumprimentada e ampliada cun informe do 21 de xullo de 1995, efectuadas polos inspectores de Xogo da Xunta de Galicia, nos establementos Bar

Anduriña, sito na rúa Tomás Dapena nº 3, de Betanzos; El Inglés, sito na rúa Villa de Cambre, 2 baixo, da Coruña; Café Bar El Recreo, sito na rúa Comercial Hércules, 8 da Coruña; Bar El Cruce, sito na Avda. Punta Longosteira, 3 de Arteixo; Café Bar Cortiñán, sito na rúa A Fraga-Cortiñán de Bergondo; Bar A Saga, sito na Estrada de Fisterra, 125 de Arteixo; Mesón A Lambada, sito na rúa La Ribeira, 109 de Betanzos; Bar Spaguetti, sito na Avda.

Punta Langosteira, 5 de Arteixo; Bar Borbolla, sito na rúa Arenal, 18 da Coruña, e Cuatro Vientos, sito na rúa Arenal, 27 da Coruña, respectivamente, observouse que os ditos locais tiñan instaladas, en cada un, unha máquina tipo B, minitómbola tradicional, sen placas nin autorizacións, feito que podería constituír falta grave ou moi grave segundo os artigos 28 e 29 da Lei 14/1985, da Xunta de Galicia, modificada pola Lei 7/1991, por infracción dos artigos 19, 20 e 21 do Decreto 374/1986, modificado polo Decreto 247/1990, e sancionable segundo o artigo 31 da citada Lei 14/1985».

Comunícaselles ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar e no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para que nun prazo de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación, alegue e presente a documentación que estime pertinente na súa defensa.

A Coruña, 10 de novembro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña