Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.286

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (279/1993).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo nº 00279/1993, sobre reclamación de cantidade, sendo demandante Banco Central Hispanoamericano, S.A. e demandado Ángel Martín Otero, e sendo a contía do asunto a de 2.513.458 ptas. de principal, máis 1.800.000 ptas. calculadas para xuros, gastos e custas, por auto do 19 de xuño de 1995, acordouse a mellora de embargo sobre bens do demandado polo que se lle notifica o embargo dos seguintes bens:

-Parte proporcional do soldo líquido que perciba na empresa Intecsa.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Ángel Martín Otero, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1995.

O secretario

Rubricado