Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.285

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (169/1995).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo nº 169/1995, sobre reclamación

de cantidade, nos que é demandante VW. Leasing, S.A., e demandados Confecciones Susana, S.L. e Carlos Félix Devesa Noya, sendo a contía do asunto a de 788.840 pesetas de principal, máis 450.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, cítanse de remate os demandados Confecciones Susana, S.L. e Carlos Félix Devesa Noya para que, no prazo de nove días hábiles a partir da publicación, poida oporse á execución e compareza en autos por medio de procurador, apercibido de que, de non efectualo, será declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso sen volver a citalo nin facerlle outras notificacións que determine a lei, e notifícaselle o embargo dos seguintes bens:

-Da propiedade de Carlos Félix Devesa Noya: edificio destinado a obradoiro de confección, cun local comercial e instalacións sito na Susana, Marrozos, Santiago de Compostela. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela por declaración de obra nova, ó tomo 1.163, libro 168, folio 160, predio 18.664, inscrición 2ª.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado, sen requirimento previo de pagamento por descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados Confecciones Susana, S.L. e Carlos Félix Devesa Noya, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 18 de outubro de 1995.

O secretario

Rubricado