Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.285

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e requirimento (275/1994).

En autos de executivo outros títulos nº 275/1994, seguidos a pedimento de Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra herdeiros de Nemesio González del Río e Alberto González Carballo, dictouse a seguinte providencia. Maxistrado-xuíz Pantín Reigada.

Santiago de Compostela, trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Dada conta, únaselles os autos da súa razón o escrito presentado, e sendo firme a sentencia dictada, como viña solicitado, tense por instada a vía de constrinximento, e para tal fin tense por designado para a valoración dos bens embargados a Ángel Raña Caamaño, e dáselle traslado do seu nomeamento á parte demandada para que, no prazo de dous días, nomee outro pola súa parte e o aperciba de telo por conforme co designado pola parte demandante. Requírase o demandado para que, no prazo de seis días, presente neste xulgado, os títulos de propiedade dos predios embargados, e apercíbeselle de suplilas á súa custa polas certificacións do rexistro. Expídase mandado ó Rexistro da Propiedade de Vigo nº 1 co fin de que expida e lle remita a este xulgado certificación na que consten as hipotecas, censos e gravames a que estean afectos os predios ou atoparse libres de cargas. Expídase exhorto ó Xulgado Decano de Primeira Instancia de Vigo e edicto ó Diario Oficial de Galicia para notificación dos

herdeiros descoñecidos de Nemesio González del Río.

Mándao e asínao S.Sª e dou fe.

O maxistrado-xuíz, ante min.

E para que conste e lles sirva de notificación e requirimento ós demandados herdeiros de Nemesio González del Río mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado