Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.284

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO de poxa (58/1995).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira,

Fai saber: que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 58/1995, se seguen autos de Or. Suma. Hip. Art. 131 L. Hipot., por instancia do procurador Juan José Belmonte Pose, en representación de Caixa de Aforros e Monte de Piedad de Madrid, contra Cartón del Noroeste, S.L., nas actuacións dos cales se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días, o predio hipotecado.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa do Carme, nº 3, baixo, o vindeiro día vintecinco de xaneiro ás doce horas, consonte as seguintes condicións:

1.-O tipo de remate será de cen millóns novecentas mil (100.900.000) ptas., fixado para tal efecto na escritura de préstamo, non admitíndose ofertas que non cubran a dita cantidade.

2.-Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o vinte por cento do prezo que serve de tipo para a poxa; sen este requisito non serán admitidos.

3.-Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa cele

bración, consignando na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, xunto con aquel, o importe da consignación á que se refire o apartado 2 ou xuntando o resgardo de tela feito no establecemento destinado para o efecto.

4.-Poderá facerse o remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

5.-Facéndose constar que os autos e a certificación rexistral se encontran de manifesto na secretaría do xulgado e que os licitadores deben aceptar como bastante a situación, que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante as acepta e que queda subrogado na responsabilidade delas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

6.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro vintedous de febreiro, ás doce horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día vinteún de marzo, tamén ás doce horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

O predio obxecto da poxa é o seguinte:

Monte da Telleira, sito no lugar de Chave de Carballo, parroquia de Bastavales, concello de Brión; de dúas hectáreas, vintecinco áreas e corenta e oito centiáreas, no interior do cal se atopan as seguintes tres edificacións:

1.-Unha destinada a forno, de dezaoito metros de largo, por cen metros de longo e seis metros de altura.

2.-Outra destinada a maquinaria, do mesmo largo e alto e sesenta metros de lonxitude.

3.-E a terceira, de estructura metálica, destinada a preparación de materias primas, composición e mesturas, de trinta metros de largo, cincuenta metros de lonxitude e nove metros de altura.

Contigüo a estas naves construíuse un local de planta baixa destinado a oficinas, laboratorios e direccións, cunha extensión de douscentos cincuenta metros cadrados, cun nivel de altura do solo de oitenta centímetros. Estrema o conxunto: norte, herdeiros de Ramón Esturao; sur, José Vilouta; leste, estrada e oeste, camiño.

Separado do conxunto de edificacións antes expresado, e na zona máis próxima á estrada, construíuse tamén unha nave de formigón armado de dez metros de longo, setenta e cinco metros de lonxitude e oito de altura, destinada a almacén de materias primas.

Inscrito.-Rexistro da Propiedade de Negreira, no tomo 585, libro 127, folio 171, predio 13.639.

Título: aportación á sociedade en escritura de ampliación de capital, outorgado o 20 de abril de

1994 ante o notario de Santiago de Compostela, Ildefonso Sánchez Mera.

Dado en Negreira o seis de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado