Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CÉDULA de notificación do 14 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral para o Turismo, sobre notificación da resolución recaída no expediente sancionador da Coruña, número 26/1995, incoado ó establecemento de restaurante denominado O Pucheiro de Santiago de Compostela.

Cédula do 13 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador da Coruña, nº AC-26/1995, incoado ó establecemento de restaurante denominado O Pucheiro de Santiago de Compostela, pola infracción da normativa vixente en materia de turismo, e devolta polo servicio de correos pola ausencia da interesada.

Pola presente cédula, notifícaselle a María Josefa Rendo Candelas, cos datos e últimos enderezos que no anexo se sinalan, a resolución dictada por esta secretaría xeral, en virtude das facultades que lle outorga o artigo 16, apartado b), da Lei 6/1992, do 26 de xuño, de disciplina turística, e en relación co expediente que igualmente se relaciona no anexo.

Fáiselle saber que o expediente poderá examinalo, e obter copias dos documentos contidos nel, na Secretaría Xeral para o Turismo. Así mesmo particípaselle do dereito que o asiste para interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da data da publicación da presente cédula.

E para que conste e lle sirva de notificación a María Josefa Rendo Candelas, e en cumprimento do establecido no artigo 59-4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo comúm (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 14 de novembro de 1995.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

ANEXO

Nº expediente: AC-26/1995.

Titular: María Josefa Rendo Candelas.

Establecemento expedientado: Restaurante O Pucheiro.

Último enderezo coñecido: r/ Alfredo Brañas nº l5-baixo, Santiago de Compostela (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 9.b) da Lei 6/1992, de disciplina turística.

Resolución: sanción de 100.001 ptas.