Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 20 de novembro de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se anuncia o extravío do resgardo de depósito 52/1994, para os efectos de expedición do duplicado.

Extraviado o resgardo do depósito definitivo 52/1994, constituído na Caixa de Depósitos da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, por medio de aval bancario de Mapfre Caución y Crédito NIF A-28761591, o día 28-2-1994, polo importe de 64.308 ptas., garantindo á empresa Linorsa A-36621.464, ante a Consellería de Cultura, faise público para que no termo de dous meses, contados desde esta publicación, se poida alegar por terceiro o que considere oportuno, coa prevención de que, transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data de publicación do presente anuncio, se procederá sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario, declarandose

nese mesmo acto a nulidade dos exemplares orixinais extraviados, que non terán valor ningún nin poderán producir efecto perante a Administración ou terceiros.

Vigo, 20 de novembro de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

95-08001