Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 21 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de información pública sobre levantamento de actas previas.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobada polo Decreto 2619/1966 do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 295/1995 (Diario Oficial de Galicia nº 223, do 21-11-1995) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no BOP de Lugo do 3-8-1995, fáiselles saber a tódolos afectados poal execución do proxecto que a seguir se indica: liña eléctrica 132 kV á subestación de Foz, da liña Arbón-Modoñedo, propiedade da empresa: Electra del Viesgo, S.A., con domicilio en Santander, r/ Medio, 12, que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 3-8-1995, e expostas nos taboleiros oficiais das casas do concello e no desta delegación

provincial, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14.

Advírteselles ós interesados afectados, que serán ademais notificados individualmente, e sinálaselles días e hora para o levantamento das actas que poderán formular por escrito ante esta delegación ata o momento de levantar aquelas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 21 de novembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7694