Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.233

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 81-1/1995).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: rúa Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña.

Denominación: modificado 1 ó proxecto de: variante L.M.T. subterránea e R.B.T.

Situación: Perillo-Choupana (Oleiros).

Descripcións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kv, de 86 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3(1x95 mm Al), que parte da L.M.T. Lamastelle-Perillo (Expte. 27.575) e remata no C.T. Choupana. Rede de baixa tensión do C.T. Choupana de 2.651 m de lonxitude, en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 9 de novembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9507229