Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.232

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 169/1995 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Taboada y Ramos, S.L., con domicilio en Silleda no que solicita autorización para instalar unha L.M.T. e un C.T. na planta de aglomerado de Santiso, concello de Lalín, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do

Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Taboada y Ramos, S.L. a instalación dunha L.M.T. e un C.T. na planta de aglomerado de Santiso, concello de Lalín.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 21 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7865