Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.231

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1995, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se fai pública a relación provisional de beneficiarios das accións de apoio económico ós estudiantes universitarios que se citan.

Rematado o proceso de selección das solicitudes de axuda para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios, convocadas por Orde do 30 de

marzo de 1995,(DOG do 11 de maio), procede, atendendo a proposta elaborada pola comisión avaliadora prevista na devandita orde, facer pública a relación provisional de beneficiarios de conformidade coas respectivas bases, en consecuencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.- Facer pública a relación provisional de beneficiarios de accións de apoio económico ós estudiantes universitarios convocadas pola Orde do 30 de marzo de 1995, (DOG do 11 de maio), que a continuación se indican:

-Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para alumnos universitarios que rematen os estudios no ano 1995, (anexo III da orde).

-Bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo en centros da Comunidade Autónoma por parte dos galegos e os seus descendentes que residan fóra de Galicia, (anexo VIII da orde).

Segundo.-As citadas relacións provisionais estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, dos rectorados das tres universidades de Galicia e na oficina de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase formular reclamación no prazo de dez (10) días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As reclamacións presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1995.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

95-7986