Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.231

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 312/1995, do 23 de novembro, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e logo da designación polos organismos representativos dos sectores con incidencia no ámbito educativo, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo de deliberación do Consello da Xunta

de Galicia, na súa reunión do día vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Cesan como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1. En representación da Administración educativa designados polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria: Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete.

2. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia: Mercedes Reparaz Esnaola (Unión Xeral Traballadores).

3. En representación do Consello da Xuventude de Galicia: Antonio J. Veiga Bouza.

Artigo 2º

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, ás seguintes persoas:

1. En representación da Administración educativa designados polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria: Luis Framil Álvarez.

2. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia: Xosé Manuel Pose Mesura (Unión Xeral de Traballadores).

3. En representación do Consello da Xuventude de Galicia: Carlos Castiñeiras Rois.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

95-08067