Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.230

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 311/1995, do 23 de novembro, polo que se dispón a substitución de representantes da Xunta de Goberno da Universidade da Coruña e dos intereses sociais no Consello Social da citada universidade.

Os artigos 3, 5 e 6 da Lei 5/1987, do 27 de maio, (DOG nº 103, do 2 de xuño), do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, determinan o número de membros que o compoñen e os representantes da Xunta de Goberno da universidade e dos intereses sociais no Consello Social.

A Universidade da Coruña remitiu escritos a esta consellería nos que comunica a baixa como representante da Xunta de Goberno desa universidade no Consello Social de Julio Sequeiros Tizón e a súa substitución por José Ramón Alonso Pereira, para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 5/1987, e a renuncia de Alfonso Castro Beiras como membro do Consello

Social da dita universidade, que fora designado polo Parlamento de Galicia en representación dos intereses sociais.

O Parlamento de Galicia enviou comunicación na que se notifica a elección de José Luis Calvo Pumpido como membro do Consello Social da Universidade da Coruña para cubri-la vacante de Alfonso Castro Beiras para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 5/1987.

Así mesmo, recibíronse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8, os documentos preceptivos de non ter incorrido en incompatibilidade.

Por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 7 da Lei 5/1987, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear como membros do Consello Social da Universidade da Coruña a José Ramón Alonso Pereira en representación da Xunta de Goberno desta universidade e a José Luis Calvo Pumpido en representación dos intereses sociais.

Estas persoas substitúen respectivamente, e polo mesmo concepto, a Julio Sequeiros Tizón e a Alfonso Castro Beiras, que cesan como membros do Consello Social da Universidade da Coruña, agradecéndolle-los servicios prestados.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9507887