Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 05 de decembro de 1995 Páx. 9.212

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de novembro de 1995 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria do concurso unitario para a provisión de postos de traballo vacantes reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

En cumprimento do establecido no apartado 3º do artigo 13 da Orde do 10 de agosto de 1994 do Ministerio para as Administracións Públicas pola que se dictan nornas sobre concursos de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, esta consellería,

DISPÓN:

Publica-las bases do concurso unitario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración local con habilitación de carácter nacional correspondentes ó ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Bases polas que se rexe o concurso unitario para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

A. Bases comúns.

Primeira.-Postos vacantes.

Teñen a consideración de postos vacantes para efectos deste concurso, e polo tanto ofrécense nelo (anexo I):

-Os postos que quedaron vacantes no período comprendido entre o 28 de outubro de 1994 e o 10

de febreiro de 1995 ou que estando vacantes con anterioridade á primeira de ditas datas non se incluíron no concurso convocado nela.

-Os postos, vacantes en períodos distintos, ou que han de quedar vacantes nos próximos seis meses a partir da presente convocatoria por xubilación do seu actual titular, dos que as respectivas corporacións acordaron a súa inclusión neste concurso unitario de acordo co previsto no parágrafo 2º do Art. 25 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Non se ofrecen, en cambio:

-Os postos que, por estaren vacantes con anterioridade ó 28 de outubro de 1994, foron incluídos no concurso extraordinario de 1994 convocado por resolución desa data. Dado que a 10 de febreiro de 1995 (data límite dada ás corporacións locais polo artigo 19 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, para envia-las bases de convocatoria do concurso seguinte, o ordinario de 1995, á respectiva Comunidade Autónoma) o concurso extraordinario de 1994 continuaba en trámite, non lles era posible ás corporacións locais ofrece-los ditos postos no concurso ordinario de 1995, xa que iso suporía o ofrecemento dos mesmos en dous concursos simultanéamente, duplicidade de ofrecemento que faría imposible a resolución de ámbolos dous. Non podendo dispoñer, polo tanto da posibilidade legal de establecer bases e méritos específicos para a cobertura de tales postos no concurso ordinario de 1995, non é posible conseguintemente incluílos con carácter obrigatorio no presente concurso unitario de 1995 xa que

iso suporía usurparlles ás corporacións locais a posibilidade de establecer bases específicas na cobertura dos seus postos de habilitados mediante concurso.

-Os postos que quedaron vacantes con posterioridade ó 10 de febreiro de 1995 xa que sendo esta a data límite para remitirlle ás comunidades autónomas as convocatorias do concurso ordinario de 1995, con ela expira a obrigatoriedade de ofrece-las vacantes no dito concurso, sendo obrigatorio só ofrecelas no seguinte concurso ordinario, é dicir, no de l996.

Segunda.-Participación.

1. Poderán tomar parte no presente concurso os funcionarios con habilitación de carácter nacional, pertencentes ás subescalas ás que se refire o artigo 20 do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, que poderán solicitar soamente os postos que, segundo a súa clasificación, correspondan ás subescalas e categorías a que pertencen.

Poderán participar así mesmo os funcionarios non integrados en ditas subescalas e categorías, pertencentes ós extinguidos corpos nacional de secretarios, interventores e depositarios de Administración local a que se refire a disposición transitoria primeira, 1, do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, nos termos seguintes:

-Os secretarios de primeira, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría superior;

-Os secretarios de segunda, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría de entrada;

-Os secretarios de terceira, a postos reservados á subescala de secretaría intervención;

-Os secretarios de concellos a extinguir, a secretarías de concellos con poboación que non exceda de 2.000 habitantes;

-Os interventores, a postos reservados a subescala de intervención-tesourería, categoría superior, pero unicamente a postos de intervención e

-Os depositarios, a postos reservados á subescala de intervención-tesourería, pero unicamente a postos de tesourería.

2. Os funcionarios con nomeamento provisional e os que se encontren en expectativa de nomeamento están obrigados a solicita-la totalidade de postos correspondentes á súa subescala e categoría. Tamén o están os que se atopen en calquera das circunstancias a que se refire o artigo 53.2 do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, os que cesaran na situación de servicios especiais e non tiveran reserva de praza, e os que promacionaran á categoría superior nos termos do artigo 24.2º do mesmo real decreto.

3. Non poderán concursar:

a) Os funcionarios inhabilitados e os suspensos en virtude de sentencia ou resolución administrativa firmes, se non transcorreu o tempo sinalado nelas.

b) Os funcionarios destituídos a que se refire o artigo 148.5º do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, durante o período a que se estenda a destitución.

c) Os funcionarios nas situacións de excedencia voluntaria a que se refire o artigo 29.3º c) e d), da Lei de medidas para a reforma da función pública, se non transcorreu o prazo de dous anos desde que pasaron a elas.

d) Os funcionarios que non leven dous anos no último destino obtido con carácter definitivo en calquera Administración pública, salvo que concursen a postos reservados á súa subescala e categoría na mesma corporación ou se atopen nos supostos do artigo 20.1º. f), da Lei de medidas para a reforma da función pública.

Terceira.-Documentación e prazo para participar.

1. No prazo de 15 días naturais a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, os funcionarios con habilitación de carácter nacional que desexen tomar parte no presente concurso dirixirán á Subdirección Xeral da Función Pública Local (Rexistro de Entrada de Documentos do Ministerio para as Administracións Públicas, r/ Alcalá Galiano, 8, 28071 Madrid, a seguinte documentación:

-Solicitude de participación con expresión individualizada de tódolos postos a que concursan e declaración xurada de non estaren incursos en ningunha das circunstancias a que se refire o artigo

18.3º do Real Decreto 1732/1994, do 29 de xullo. A especificación de postos solicitados farase por orde de prelación de adxudicacións, con carácter único para a totalidade de postos que se soliciten. A unicidade da orde de prelación manterase incluso no suposto de solicitar postos de varias subescalas e categorías se a pertenza do concursante a elas o permitira.

-Acreditación do coñecemento da lingua e méritos de determinación autonómica nos termos e para os postos situados en comunidades autónomas que os establecesen de acordo co que especifica o apartado B) Bases das comunidaes autónomas.

2. De se solicitaren exclusivamente postos do País Vasco, a documentación dirixirase á Comunidade Autónoma (Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Administración Local, Duque de Wellington, 2, 01010 Vitoria-Gasteiz.

3. A documentación indicada presentarase de acordo cos modelos que se xuntan no anexo II.

Cuarta.-Méritos xerais.

Os méritos xerais polos que se rexe este concurso son os comprendidos na resolución desta mesma data desta dirección xeral pola que se lle dá publicidade á relación individualizada de méritos xerais dos habilitados nacionais, que inclúe os inscritos no Rexistro de Habilitados Nacionais ata esa mesma data.

Quinta.-Tribunal de valoración.

1. O tribunal de valoración do presente concurso será o seguinte:

Presidente Titular:

Juan Corral Villalba

Presidenta suplente:

Ana María García Fernández

Vocais titulares:

César García-Monge Herrero

Jenaro Conde Rebollar

Margarita Mª Revillo Pinilla

José Luis Sánchez Santiago

José Luis Aguirre Arratibel

Esperanza Tejada Cabello

Pedro Antonio Más Cladera

Javier Enderit Bonnet

Joan Raventós i Pujadó

María Dolores Martín-Gil García

Fernando Alonso Barahona

Loreto Díaz Sánchez

Francisco M. Macías Benítez

Ana Cristina Hidalgo Alonso

Juan García Moya

Noel Zapico Rodríguez

Jesús González Pueyo

Vocais suplentes:

Augusto Martín Agudo

José de Toro Luengo

Mª Victoria Rodríguez Cativiela

Antonio Meneses Tocino

Iñaki Calonge Crespo

Bernabé Esteban Ortega

Petra Vivern Mayrata

Roberto Álvarez Felipe

Norbert Llarás i Marqués

María Luisa Ramos García

Nieves Rodríguez Varela

Eduardo Suárez Campo

Cristóbal del Río Tapia

Teodosio González del Teso

Antonio Peña Ferrando

José Manuel García Gallo

José Benavides y Herrera

Secretario titular:

Antonio Calderón López

Secretaria suplente:

Mercedes Martín Sánchez

2. O tribunal para a comprobación do grao de coñecemento da lingua oficial e valoración dos méritos determinados pola Comunidade Autónoma do País Vasco será o que esta comunidade designe.

Sexta.-Exclusión de concursantes e valoración de méritos.

1. O tribunal de valoración excluirá os concursantes que non reúnan as condicións de participación sinaladas na base segunda se é o caso, ou o requisito de lingua.

A continuación puntuará os méritos dos concursantes nen excluídos, do seguinte modo:

-A puntuación por méritos xerais, ata un máximo de 19,50, puntos, deducidos da relación incluída na resolución publicada conxuntamente con esta convocatoria, non sendo posible acreditación adicional ningunha por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte do tribunal.

-A valoración de méritos de determinación autonómica, ata un máximo de 3 puntos, con base na documentación aportada polos concursantes conforme as regras específicas de cada Comunidade Autónoma.

-Respecto dos postos sen méritos de determinación autonómica, o tribunal puntuará exclusivamente os xerais ata un máximo de 19,50 puntos.

2. En caso de empate na puntuación final de méritos de dous ou máis concursantes, o tribunal daralle

prioridade na proposta de adxudicación a aquel que obtivera maior puntuación por méritos de determinación autonómica. De manterse o empate, a favor de quen en méritos xerais teña maior puntuación nos apartados a), b), c), d) e e) por esta orde, do artigo 15.1º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. En última instancia o empate resolverase tendo en conta á orde de prelación no proceso selectivo.

Sétima.-Proposta de resolución.

Trala exclusión e puntuación de concursantes, o tribunal formulará relación comprensiva dos non excluídos coas súas puntuacións, así como relación fundada de excluídos. De acordo coas puntuacións, e coa orde de prelación para o suposto de concursantes que obteñan a máxima puntuación en dous ou máis postos o tribunal formulará e elevará a esta dirección xeral proposta de adxudicación de postos.

Oitava-Resolución.

Esta dirección xeral resolverá o concurso de acordo coa proposta formulada polo tribunal de valoración, remitirao ás Comunidades Autónomas e publicarao no prazo dun mes no Boletín Oficial del Estado.

Décimo primeira.-Prazo posesorio.

1. O prazo de toma de posesión nos destinos obtidos no concurso será de tres días hábiles se se trata de postos de traballo da mesma localidade ou dun mes se se trata de primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

O dito prazo empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación da resolución do presente concurso no Boletín Oficial del Estado.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación.

2. Se no momento da publicación do nomeamento non se producira a xubilación a que se refire o artigo 11 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, o prazo de cesamento no posto de orixe diferirase ó momento en que esta teña lugar.

3. O cómputo de prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso lles foran concedidos ós interesados.

4. Por necesidades do servicio, mediante acordo dos presidentes das corporacións no que deba cesar e tomar posesión o concursante, poderase diferi-lo cesamento e a toma de posesión ata un máximo de tres meses, e o segundo deles deberalle dar conta de tal acordo a esta dirección xeral.

Excepcionalmente, a instancia do interesado e por razóns xustificadas, poderá tamén diferirse a toma de posesión, por igual prazo, por acordo entre os presidentes respectivos dándolle conta a esta dirección xeral.

Décimo segunda.-Irrenunciabilidade e voluntariedade dos destinos.

1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, desde o momento en que o tribunal lle remita a esta dirección xeral a proposta de adxudicación.

2. Os destinos obtidos neste concurso terán carácter voluntario, polo que non xeran dereito ó pagamento de indemnización por traslado.

Décimo terceira.-Notificación de cesamentos e tomas de posesión.

1. As dilixencias de cesamento e toma de posesión dos concursantes que accedan a un posto de traballo, de acordo coa resolución do concurso, deberanlle ser comunicadas a esta dirección xeral e á Comunidade Autónoma respectiva, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

2. A toma de posesión determina a adquisición dos dereitos e deberes funcionariais inherentes ó posto, pasando a depende-lo funcionario da correspondente corporación.

Décimo cuarta.-Normas para a Comunidade Autónoma do País Vasco.

As institucións forais procederán á resolución do concurso e á súa remisión á Comunidade Autónoma.

O órgano competente da Comunidade Autónoma do País Vasco e a Dirección Xeral da Función Pública efectuarán a coordinación precisa para evita-los nomeamentos múltiples nos supostos en que os interesados obteñan simultaneamente postos en corporacións locais da Comunidade Autónoma do País Vasco e dalgunha outra.

Décimo quinta.-Recursos.

Os actos administrativos no procedemento de concurso unitario poderán ser impugnados conforme co previsto nos artigos 114 a 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.