Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 05 de decembro de 1995 Páx. 9.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 141-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Foxo.

Enderezo social: 15129 Torelo-Vimianzo, 15000 Vimianzo.

Denominación: L.M.T. a 20 kV D.C. de Careixo. Central del Foxo.

Situación: Vimianzo.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, en dobre circuíto e con conductor LA-56, de 2.797 m de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento de Careixo, (expte. 50.325) de Unión Elétrica Fenosa, S.A. e final na Central Hidroeléctrica del Foxo (expte. 51.647) Vimianzo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 31 de outubro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña