Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.173

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (482/1992).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial.

Fai saber: que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de proceso civil de cognición co nº 482/1992, a pedimento de Manuel Varela Portas, representado polo procurador Fernández Pérez contra outra e Mª del Carmen Pazo Conde, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade, dictouse sentencia cun encabezamento e decisión que din:

Sentencia.

En Santiago de Compostela o sete de outubro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia nº 4 dos do partido, os presentes autos de xuízo de cognición nº 482/1992, seguidos por reclamación de cantidade, sendo parte demandante José Crego Gómez, maior de idade, baixo a representación procesual do procurador Fernández Pérez e defensa letrada de María del Mar Vivero Vizoso; e aparecendo como parte demandada María del Carmen Pazo Conde e Consuelo Conde Vázquez, maiores de idade, declaradas en rebeldía.

Decido: que admito integramente a demanda presentada por José Crego Gómez contra María del Carmen Pazo Conde e Consuelo Conde Vázquez, e debo condenar e condeno a esta parte a que lle aboe á parte demandante a cantidade de cento setenta e cinco mil seiscentas sesenta e tres (175.663) pesetas, con aplicación do Art. 921 da LAC, desde a data desta sentencia; con expresa imposición de custas á demandada.

Contra esta sentencia cabe presentar recurso de apelación perante este xulgado, no prazo de cinco días, ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, que lle será notificada á parte demandada rebelde no modo e forma que preceptúan os artigos 282 e 283 da LAC, de non instarse a persoal dentro do quinto día, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que lle sirva de notificación en forma á demandada rebelde e publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, expido o presente edicto, que é dado en Santiago de Compostela, o dous de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

7138