Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.173

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (154/1993).

Esther Couto Rivas, secretaria en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes, certifico que nos autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado baixo o nº 154/1993, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«Sentencia.- En Ordes, o vintedous de outubro de mil novecentos noventa e tres. Vistos por María Luisa Cardesín Díaz, xuíza de primeira instancia e instrucción deste partido xudicial, os presentes autos civís de xuízo executivo, rexistrados baixo o nº 154/1993 dos deste xulgado, tramitados por instancia de Exveco, S.L., con domicilio social na Touza- San Pedro de Líncora, Chantada (Lugo), representada polo procurador Carlos Fernández Rial, asistida do avogado José Luis Fernández Pedreira; contra Manuel Suárez Martínez, maior de idade, veciño de Ordes, con domicilio na Casilla, nº 54, declarado en rebeldía pola súa incomparecencia en autos; versan sobre reclamación de cantidade. Decido: que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra Manuel Suárez Martínez facendo remate dos bens embargados e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á executante Exveco, S.L. da suma de catrocentas cincuenta mil pesetas (450.000 ptas.) de principal reclamado, máis os xuros

legais contados desde o vencemento da letra, ó tipo de xuro legal incrementado en dous puntos e as custas do procedemento que se lle impoñan ó executado. Notifíqueselle esta resolución ás partes con indicación de que contra ela se pode interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña no termo de cinco días contados desde o seguinte á notificación, e que se deberá presentar neste xulgado. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma ó demandado en situación de rebeldía, Manuel Suárez Martínez, expido e asino o presente edicto en Ordes o vinte de decembro de mil novecentos noventa e tres.

A secretaria

Rubricado

7197