Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.173

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (200/1995).

En virtude do acordado polo xuíz deste xulgado, en autos de xuízo de separación seguidos neste xulgado baixo o nº 200/1995, por instancia de María del Carmen Antelo Muñiz, representada polo procurador Avelino Calviño Gómez, pola presente cédula emprázase a Juan Blanco Lueiro, en ignorado paradoiro, para que no imporrrogable prazo de vinte días compareza en autos, defendido de letrado e representado por procurador, e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención se lle conviñer en dereito, baixo apercibimento de que, de non o facer, será declarado en rebeldía, seguindo os autos o seu curso sen volvelo oír nin citar, e entendéndose as sucesivas dilixencias nos estrados do xulgado.

E para a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino a

presente cédula en Negreira o vintecatro de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

7189