Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.163

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Envases Carnaudmetalbox, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Envases Carnaudmetalbox, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-10-1995, subscrito, en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 2-10-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores,

Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, dezaseis de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo para 1994-1995 de Envases Carnaudmetalbox, S.A., fábrica de Vigo

Capítulo I

Consideracións xerais

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio afectará a todo o persoal que preste os seus servicios no centro de traballo Envases Carnaudmetalbox, S.A., sito en Bº da Gándara nº 32, Coruxo, Vigo.

Artigo 2º.-Vixencia.

O presente convenio terá unha duración de dous anos.

Logo do cumprimento dos requisitos legais que establezan as leis ó respecto, o presente convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día 1º de xaneiro de 1994 e durará ata o 31 de decembro de 1995.

Considerarase prorrogado por un período dun ano máis, se non é denunciado legalmente por calquera das partes antes da data do seu vencemento. Non obstante, subsistirá o seu contido normativo e económico ata a entrada en vigor do novo convenio que o substitúa.

Artigo 3º.-Normas supletorias. Preeminencias.

Serano o Estatuto dos traballadores, a ordenanza laboral da industria metalgráfica ou acordo sectorial que a substitúa e os regulamentos de réxime interior deste centro de traballo.

O pactado neste convenio é preeminente sobre a ordenanza. Se a lexislación supera en algo o convenio, haberá que aterse ó disposto na lexislación. O contido deste convenio establece un mínimo obrigatorio das condicións aquí pactadas.

Artigo 4º.-Dereitos adquiridos.

Respectaranse as condicións superiores pactadas e os dereitos adquiridos tanto colectivos como individuais que se teñan establecidos neste centro de traballo, así como as condicións máis beneficiosas de todo persoal ó que lle afecte o presente convenio.

Artigo 5º.-Comisión paritaria de aplicación, arbitraxe e interpretación.

En cumprimento da lexislación vixente ó respecto, créase unha comisión paritaria, integrada por 5 representantes legais dos traballadores e igual número de persoas por parte da empresa Envases Carnaudmetalbox, S.A. Cada parte nomea un secretario-portavoz. A convocatoria das reunións corresponderalles ós secretarios por instancia de parte, e nun prazo non superior a 10 días.

O cometido da citada comisión paritaria consistirá en informar e asesora-las partes interesadas sobre a interpretación e aplicación das cláusulas e preceptos deste convenio, así como das incidencias que puidesen producirse con relación a el. A falta de acordo sometarase a cuestión consultada á autoridade competente.

Para que os acordos da comisión paritaria sexan válidos, requirirase o acordo do 80% dos membros que a compoñen.

As funcións da comisión paritaria interpretativa serán as seguintes:

1. Interpretación da totalidade das cláusulas do convenio.

2. Arbitraxe da totalidade dos problemas que se deriven da súa aplicación.

3. Vixilancia do cumprimento do pactado.

4. Outras actividades que tendan á maior eficacia práctica do convenio.

Artigo 6º.-Comisión negociadora.

Discutiron, pactaron e asinaron o presente convenio colectivo as seguintes partes:

Pola económica, a representación da dirección da empresa, formada polos seguintes:

Francisco Rivas Sio.

Francisco Navarro Pellón.

Rosario Priegue Araújo.

Antonio Vidal Pérez.

Pola social, en representación dos traballadores, os delegados sindicais:

Enrique Alonso Acuña (CC.OO.).

Luis Fernández Fernández (CIG).

Ramón Sangiao Costas (UGT)

E os membros do comité de empresa:

Eloy Alonso Misa.

Elena Rodríguez Giráldez.

Pilar Alonso Alonso.

Emilio Pérez Pérez.

José R. González Bosco.

Gonzalo Riveiro Lojo.

Ángel Rodríguez Viéitez.

Benjamín Vázquez Sio.

Bernardino Muñiz Domínguez.

Mª José Rodríguez Goberna.

Carmen Prado López.

Juan Iglesias Carreira.

Francisco Lago Tizón.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 7º.-Incremento salarial.

O incremento salarial para 1994 será do 4% en tódolos conceptos retributivos do convenio.

Fíxase un incremento salarial para 1995 do 4% sobre os valores de 1994, en tódolos conceptos.

Cláusula de revisión salarial.

Realizarase unha revisión salarial pola diferencia entre o 4% e o IPC real a partir do momento en que esta se produce co límite de 1 punto, asegurando un aumento do 0,25% sobre os salarios de 1994 en tódolos conceptos, a partir do 1 de outubro de 1995 sempre que a productividade da fábrica se manteña nos niveis actuais (ratio envases/home-día), acadando un 5% sobre a media de 1994 ó 30 de setembro de 1995. Este momento será absorvido cando o IPC supere o dito 4,25.

Exemplo: supoñamos un IPC o 30 de outubro do 4,60%. O 30 de novembro 4,70% e o 31 de decembro o 4,82%. A regularización salarial que se efectuaría o 31 de setembro sería de:

Outubro: 4,60-4,25= 0,35.

Novembro: 4,70-4,25= 0,45.

Decembro: 4,82-4,25= 0,57.

O incremento real do IPC co límite do 5% será consolidable para 1996.

Se por causas excepcionais non imputables ós traballadores (problemas de fornecemento de materia prima, falta de enerxía, etc.) non se acadan os obxectivos de productividade arriba indicados, non se verá afectada a percepción económica aquí pactada.

Artigo 8º.-Salario base.

Establécese como salario base para cada categoría profesional o especificado nas táboas que figuran nos anexos 1 (1994) e 2 (1995).

Artigo 9º.-Antigüidade.

A antigüidade comezará a percibirse a partir do terceiro ano, a razón do 3% sobre o salario base de cada categoría. Anualmente incrementarase nun 1% ata o límite máximo do 30%.

Segundo establece o artigo 38 do Regulamento de réxime interior, xunto coa paga extraordinaria de Nadal, aboaranse, a partir do quinto ano de antigüidade, dous días de salario, incrementándose en dous máis cada tres anos ata o límite máximo de 10 días.

Artigo 10º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Envases Carnaudmetalbox, S.A. aboaralle ó seu persoal un plus de asistencia e puntualidade equivalente ó 10% do salario base máis a antigüidade de cada categoría profesional.

Este plus computarase por períodos semanais.

A primeira falta de puntualidade non suporá a perda do plus; a segunda falta dentro da semana suporá a perda do plus do día; a partir da terceira falta de puntualidade na semana perderase o plus de toda ela.

Esta normativa só poderá ser aplicada dúas veces ó mes.

Os esquecementos de fichar no reloxo de control non serán considerados para efectos de descontos, cando o xefe respectivo, mediante a súa sinatura nos impresos confeccionados para este fin, xustifique que o productor estaba no seu posto de traballo ó inicio ou ó remate da xornada laboral.

Artigo 11º.-Mellora voluntaria.

As melloras voluntarias para 1994 serán as resultantes de incrementar nun 4% as existentes o 31 de decembro de 1993.

Para 1995 incrementaranse no 4%, unha vez regularizadas as vixentes o 31 de decembro de 1994, de conformidade coa cláusula adicional para o dito ano.

A empresa desenvolverá un plan que permita, en dous anos, iguala-las melloras voluntarias do persoal diario por categorías, a partir do 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

a) Aboaranse 3 pagas extraordinarias: marzo, xuño e decembro.

b) O importe da paga de marzo para 1994 será de 109.200 ptas. para tódalas categorías.

Para o ano 1995 será de 114.114 ptas. para tódalas categorías.

c) O importe de cada unha das pagas de xuño e decembro será o equivalente a 30 días de salario real (base+antigüidade+PAP+mellora voluntaria).

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

1. Non se poderán facer horas extraordinarias fóra do límite máximo previsto no Estatuto dos traballadores. A empresa informará mensualmente ó comité do número de horas extraordinarias realizadas no mes precedente.

2. As fórmulas de compensación aplicables ás horas extraordinarias serán as seguintes:

a) Poderanse pagar ata 40 horas por persoa e ano, ós valores que figuran nos anexos III (1994) e IV (1995).

b) Unha reducción de xornada en épocas de baixa demanda de traballo, equivalente ó tempo traballado como extraordinario, máis unha compensación económica por hora realizada da metade do valor para a súa categoría segundo táboa do anexo III (1994) ou IV (1995).

c) Unha reducción da súa xornada de traballo en épocas de baixa demanda equivalente ó dobre do tempo traballado como extraordinario.

O máximo de horas extras pagadas, sumando as que se aboen segundo a modalidade a) e as que se aboen segundo a modalidade b) non poderá supera-lo máximo previsto pola lei, é dicir, 80 por persoa e ano.

3. O valor da hora extra será o que resulte de aplica-la seguinte fórmula de cálculo:

H= salario díax(365+30+30)x1,75

xornada anual

Sendo:

H= valor da hora extra normal para cada categoría.

Salario día = resultado de sumar:

-Salario base da categoría.

-Antigüidade media de todo o persoal.

-PAP correspondente.

-Mellora voluntaria media por categoría.

Xornada anual = a que se fixe no calendario laboral de cada ano.

A antigüidade media de todo o persoal en 1994 é de 22 anos e a xornada anual de 1.699,71 horas.

Para 1995 a antigüidade media será de 22,5 anos e a xornada anual de 1.680 horas.

O valor da hora extra nocturna será de 1,25 h.

O valor da hora extra festiva será de 1,40 h.

Non obstante o expresado nos parágrafos anteriores, o valor das horas extras por categoría para 1995 será o que aparece no anexo IV, resultado de incrementar no 4% os vixentes o 31 de decembro de 1994, unha vez regularizados de conformidade coa cláusula adicional para o dito ano.

4) Durante o período de inactividade do persoal fixo descontinuo, non se realizarán horas extraordinarias de ningunha índole, agás aquelas de forza maior ou estructurais, substituíndose por descanso segundo o convenio colectivo vixente.

Artigo 14º.-Nocturnidade.

O complemento de nocturnidade para o persoal que preste os seus servicios na quenda de noite será, para 1994, de 247,30 ptas. por hora traballada, para tódalas categorías.

En 1995 incrementarase nun 4%, pasando a ser de 257,20 ptas./hora.

Quedan excluídos deste artigo aqueles traballadores contratados ou trasladados doutros departamentos da fábrica, para cometidos específicos durante a noite (vixilancia, porteiros, serenos).

Todo traballador que sexa designado no taboleiro de anuncios para traballar na quenda de noite e sexa pasado ás quendas de día a petición da empresa, percibirá o plus de nocturnidade de toda a semana.

Artigo 15º.-Plus de distancia.

Os traballadores acollidos ó presente convenio terán dereito a un plus por día de asistencia do valor que teña o billete normal do transporte público urbano, sempre que a súa residencia estea situada fóra dun radio de 2 km tomando como referencia este centro de traballo.

O traballador ó ser admitido na empresa sinalará e xustificará o lugar da súa residencia.

Artigo 16º.-Plus de quenda de tarde.

Os traballadores acollidos ó presente convenio que traballen na quenda de tarde, percibirán un plus de 30 ptas. por día traballado.

Os artigos 15 e 16, que aparecen no presente convenio colectivo, xa viñan sendo aplicados por figurar no Regulamento de réxime interior.

Artigo 17º.-Axudas de custo.

Nos desprazamentos e estancias motivados por viaxes oficiais autorizados pola empresa, as axudas de custo que se van devengar serán, para 1994:

Axuda de custo completa: 5.795 ptas./días.

Almorzo: 620 ptas./día.

Xantar ou cea: 3.210 ptas./día.

Quilómetro: 39 ptas./unidade.

Para 1995:

Axuda de custo completa: 6.025 ptas./día.

Almorzo: 645 ptas./día.

Xantar ou cea: 3.340 ptas./día.

Quilómetro: 41 ptas./unidade.

Os gastos de transporte e aloxamento serán por conta da empresa.

Nos desprazamentos e estadías en países estranxeiros, as axudas de custo incrementaranse como mínimo nun 25%, exceptuando Portugal que terán o mesmo valor que para España.

Logo de llo comunicar ó departamento de persoal, a empresa aseguraralles ós traballadores que realicen estes desprazamentos e polo tempo que estes duren, mediante un seguro complementario de accidente nas seguintes contías:

Morte: 8 millóns de ptas.

Invalidez permanente absoluta: 16 millóns de ptas.

Artigo 18º.-Socorristas.

Os socorristas percibirán por día de presencia a cantidade de 232 ptas. en 1994 e 242 en 1995, cando na súa quenda de traballo non haxa persoal do servicio médico ou en caso de ausencia deste.

Os socorristas serán substituídos nos seguintes supostos:

a) Temporalmente, en caso de ILT, sendo automaticamente substituídos por un suplente, a ser posible da mesma sección.

b) Definitivamente, en caso de probada ineptitude.

Artigo 19º.-Axuda a estudios.

Aboaráselle a cada traballador con fillos con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos a cantidade mensual de 1.997 ptas./fillo para 1994.

Para 1995 a dita cantidade incrementarase nun 4% unha vez regularizada a vixente o 31 de decembro de 1994 de conformidade coa cláusula adicional para o dito ano. O seu valor será de 2.087 ptas./fillo.

Comprende 12 meses do ano. A correspondente ó mes de xullo pagarase xunto á de agosto.

Aboarase así mesmo unha axuda para estudios posteriores, equivalente ó 40% do importe da matrícula estatal, logo de xustificación.

Para renovar estas axudas, ten que se acredita-lo aproveitamento nas materias obxecto de axuda, no curso anterior, xa sexa na convocatoria de xuño e/ou setembro.

Artigo 20º.-Axuda a diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais.

a) Os traballadores beneficiarios das prestación por diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais da Seguridade Social percibirán por parte da empresa unha axuda económica por beneficiario que para 1994 suporá 16.747 ptas./mes.

En 1995 incrementarase nun 4% unha vez regularizada a percibida en 1994 de conformidade coa claúsula adicional acordada para tal ano. O seu valor será de 17.498 ptas./fillo.

Esta axuda é independente de calquera outra que percibise por dereito.

b) Os casos especiais que poidan presentarse serán estudiados de forma individual entre comité e empresa.

Artigo 21º.-Bolsas para estudios.

Para o persoal fixo de cadro de persoal que curse estudios de materias que teñan relación coa actividade da empresa, como enxeñería técnica industrial, formación profesional grao 1 e 2 nas ramas de matricería e moldes, máquinas ferramenta, electricidade e electrónica, informática, económicas, empresariais, enxeñería superior, a empresa concederá, logo de autorizacion da dirección, bolsas de estudios consistentes no aboamento do 75% do importe da matrícula e unha bolsa de estudios que para 1994 será de 17.836 ptas./ano. Esta última cantidade incrementarase nun 4% en 1995 unha vez regularizada a de 1994 segundo o establecido na cláusula adicional para o dito ano. O seu valor será de 18.639 ptas./ano.

Para ter dereito a estas bolsas, xuntaráselle á solicitude o xustificante de matrícula con indicación das disciplinas matriculadas. Para renovar estas bolsas, o interesado deberá acredita-lo aproveitamento nas materias obxecto de axuda no curso anterior, nas convocatorias de exame de xuño e/ou setembro.

A empresa adaptará o horario do traballador ó dos seus estudios, dentro das posibilidades existentes.

Artigo 22º.-Incapacidade laboral transitoria.

A empresa aboará a diferencia entre a prestación pagada pola mutua patronal de accidentes de traballo e o salario do traballador, cando a situación de ILT fose motivada por accidente de traballo. En caso de hospitalización por enfermidade común debidamente xustificada e mentres a dita hospitalización dure, aboarase a diferencia entre o salario do traballador e a prestación aboada pola Seguridade Social.

Capítulo III

Xornada laboral, vacacións e permisos

Artigo 23º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo distribuídas en xornadas diarias de 8 horas de luns a venres.

Con obxecto de que o cambio de xornada semanal de 38,33 a 40 horas e da xornada diaria de 7,666 a 8 non supoña incremento da xornada laboral considerada en cómputo anual, desfrutaranse doce días laborais de luns a venres, que serán fixados no calendario laboral correspondente, desfrutándose preferentemente as pontes naturais e o resto en épocas de baixa demanda de traballo.

A xornada anual teórica para 1994 aplicable no suposto caso de que efectuase o cambio de horario o 1 de xaneiro do dito ano, sería de 1.688 horas.

Para 1994 corresponderán cinco días polo concepto mencionado no parágrafo anterior, por se ter iniciada a modificación das xornadas o día 1 de agosto. Como consecuencia, a xornada anual de 1994 será de 1.699,71 horas.

Para 1995 a xornada laboral será de 1.680 horas.

Durante a vixencia do presente convenio, as paradas para come-lo bocadillo non se computarán como traballo efectivo.

Artigo 24º.-Vacacións.

1. Os traballadores acollidos ó presente convenio desfrutarán 24 días laborables de vacacións anuais retribuídas, de luns a venres. Estas vacacións desfrutaranse segundo calendario laboral acordado polos representantes dos traballadores e a empresa.

As vacacións desfrutaranse para 1995 en función do calendario laboral pactado, distribuídas no período xullo-agosto a razón de 15 días laborables ininterrompidos.

A negociación do próximo calendario laboral inciarase no mes de outubro, comprometéndose as partes a concluílo antes de remata-lo mes de decembro.

2. As vacacións interromperanse cando o traballador contraia matrimonio durante elas, sempre que con anterioridade ó seu comezo, llo comunique á empresa.

Tamén se interromperán por situación de ILT segundo as seguintes regras:

a) Ata 6 meses en ILT, terase dereito ó total dos días de vacacións pendentes.

b) Máis de 6 meses en ILT, terase dereito á parte proporcional dos días pendentes.

3. As vacacións teñen que desfrutarse dentro do ano ó que corresponden e soamente as que non se tomen por causa de accidente de traballo que pertenzan ó mes de decembro poderán desfrutarse en xaneiro do ano seguinte.

4. As vacacións aboaranse segundo a lexislación vixente (salario base, antigüidade, plus de asistencia e puntualidade, mellora voluntaria e a media dos plus existentes no período transcorrido desde as últimas vacacións).

Artigo 25º.-Permisos retribuídos.

Percibirase a totalidade dos emolumentos nos seguintes supostos:

1. Falecementos.

1.1. Tres días, dos cales polo menos dous serán laborais, en caso de falecemento de pais, fillos, cónxuxe, irmáns, netos ou avós, que poderán ampliarse en tres máis (naturais), cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto fóra da provincia de residencia, logo de notificación.

Cando por circunstancias anormais fose necesario, concederase un día máis, logo de xustificación, en caso de falecemento de pais, fillos ou cónxuxe. Para irmáns, netos ou avós, este día concederase cando formen parte da unidade familiar.

1.2. Dous días naturais en caso de falecemento de tíos e sobriños consanguíneos. En caso de afinidade, terán dereito ó tempo necesario para acudir ó sepelio, logo de notificación e xustificación.

En caso de falecemento de primos, non se terá dereito a permiso retribuído, aínda cando figure no Regulamento de réxime interno.

2. Maternidade.

2.1. Tres días, dos cales polo menos dous serán laborables, por parto da esposa ou nacemento ou adopción de fillos, que poderán ampliarse en tres máis (naturais), cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto fóra da provincia de residencia, logo de notificación telefónica e posterior conformación co libro de familia.

Cando por circunstancias anormais fose necesario, concederase un día máis, logo de notificación e xustificación.

3. Enfermidade grave de parentes.

3.1. Tres días laborables en caso de enfermidade grave de pais, fillos ou cónxuxe.

3.2. Dous días naturais en caso de enfermidade grave de irmáns, netos ou avós, que poderán ampliarse nun día máis se conviven na unidade familiar.

Os permisos correspondentes ós apartados 3.1 e 3.2 poderán ampliarse en tres días naturais, cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto fóra da provincia de residencia, logo de notificación.

3.3. Un día natural en caso de enfermidade grave de tíos consanguíneos.

4. Matrimonio do empregado.

4.1. Dezasete días naturais, que poden ser ampliados en 10 máis, non retribuídos, en caso de que fosen solicitados con anterioridade á data da voda.

4.2. Un día natural por matrimonio de fillos, irmáns ou pais.

5. Asistencia a consulta médica.

O tempo necesario, sempre que sexa xustificado coa sinatura e selo do médico ó que asiste.

6. Lactancia.

Os traballadores con fillos lactantes terán dereito a unha pausa dunha hora no seu traballo, que poderán dividir en dúas fraccións, cando a destinen a lactancia do seu fillo menor de nove meses. O traballador, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora, coa mesma finalidade, durante seis meses.

7. Deberes públicos.

O tempo necesario, no caso de obrigas legais ou decretadas por autoridades lexítimas, cando o traballador teña que acudir a cumprir un deber público inexcusable imposto pola lei ou disposicións administrativas, mediante xustificación.

8. Traslado do domicilio habitual.

Un día.

Os parentescos citados en tódolos apartados 1.1, 3.1, 3.2 e 4.2 entenderanse tanto no grao de consanguinidade como de afinidade.

As normas de aplicación destes permisos figuran no anexo V.

Artigo 26º.-Permisos non retributivos.

En casos extraordinarios debidamente acreditados, outorgaranse permisos con carácter voluntario por parte da empresa, polo tempo que sexa preciso, atendendo ás circunstancias e sen dereito a ningunha retribución.

En caso de excedencia por maternidade aplicarase a lexislación vixente.

Capítulo IV

Réxime de traballo

Artigo 27º.-Contratos de traballo.

a) A empresa contratará un número de aprendices equivalente ó 5% do cadro de persoal de oficio dela, de acordo co artigo 36 da ordenanza laboral da industria metalgráfica.

b) Cando existan vacantes e sexa necesario cubrilas, terán preferencia, en igualdade de capacitación, os fillos ou familiares dos traballadores da empresa.

c) En caso de contratación de persoal eventual, seguiranse os criterios de selección que sexan fixados con anterioridade entre o comité e a empresa.

d) En caso de contratación de persoal fixo, terán preferencia en igualdade de capacitación, os fillos de traballadores falecidos durante a vixencia do seu contrato coa empresa.

e) Non se admitirán xubilados, retirados nin persoal que perciban calquera remuneración por outra actividade laboral.

f) O comité terá accesos ás probas de aptitude para a contratación de persoal cualificado, así como ás cualificacións obtidas polos opositores, sempre que as probas se realicen na empresa. Así mesmo, recibirá copia básica de tódolos contratos que se celebren, de acordo coa Lei 2/1991, do 7 de xaneiro de 1991.

g) Se por calquera circunstancia fose necesario persoal eventual, contratarase un número de diminuídos

físicos, psíquicos e sensoriais, equivalente ó 2% do cadro de persoal, sempre e cando se adapten ó tipo de traballo.

h) Non obstante o reflectido nos apartados f) e g), terán preferencia os acordos ó respecto entre goberno, patronal e sindicatos.

i) Creación dunha comisión de clasificación de postos de traballo.

Artigo 28º.-Vacantes e revisións de categorías.

1. Suprímense as categorías de peón e traballos secundarios para o persoal do cadro de persoal fixo da empresa, quedando só para o persoal eventual.

2. Vacantes.

a) Os postos vacantes de superior categoría que se produzan na fábrica serán ocupados de maneira preferente por persoal do seu cadro. Cando se trate de vacantes de igual ou inferior categoría, o comité será debidamente informado.

b) A convocatoria para cubrir estes postos será feita pública no taboleiro de anuncios da empresa.

Artigo 29º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles ós traballadores fixos ou eventuais a roupa necesaria para o exercicio do seu labor e cometido. A entrega non poderá ser inferior a dous equipos cada 12 meses.

Equipo de verán (entrega no mes de marzo): estará formado por pantalón camisa ou bata.

Equipo de inverno (entrega no mes de setembro): está formado por pantalón, camisa e cazadora ou bata.

Para a roupa de protección necesaria, atenderase ó que determine en cada caso o comité de seguridade e hixiene da fábrica.

Artigo 30º.-Formación técnico-profesional.

a) A empresa promocionará a formación continua entre os seus traballadores conforme os acordos subscritos polos sindicatos e os empresarios (FORCEM).

Cada traballador que asista a un curso de formación fóra da súa xornada laboral percibirá unha compensación de mil (1.000) ptas. por cada hora lectiva máis duascentas (200) ptas. por día para cubrir gastos de desprazamento.

Os monitores percibirán setecentas (700) ptas. por hora lectiva, se o curso se imparte dentro da súa xornada laboral e o equivalente ó valor da hora extra para a súa categoría en caso de que se fixese fóra de tal xornada.

b) Igualmente, a empresa facilitará, tendo en conta tanto os obxectivos de formación en materia de seguridade e hixiene, como as súas necesidades de traballo noutras prioridades, a asistencia ós cursos que sobre seguridade e hixiene ou outras materias preventivas poida convoca-lo ente autonómico. Nestes casos serán de aplicación as condicións establecidas no artigo 17 (axudas de custo).

As partes asinantes do presente convenio adhírense ó acordo nacional sobre formación continua do 16 de decembro de 1992.

Capítulo V

Aspectos sociais

Artigo 31º.-Fondo social.

A aportación económica da empresa ó fondo de asistencia social será:

1. Unha cantidade fixa de 1.966 ptas. por traballador e ano para 1994.

En 1995 tal cantidade incrementarase nun 4% unha vez regularizada a de 1994 de acordo coa cláusula adicional para o dito ano. O seu valor será de 2.054 ptas. por traballador e ano.

2. Unha aportación mensual equivalente ó importe da suma das cotas que aboan actualmente os traballadores socios ó citado fondo. Calquera incremento na cota non terá, para estes efectos, carácter vinculante pola empresa durante a vixencia deste convenio.

Así mesmo, a empresa entregaralle, ó remata-lo ano, ó fondo social o importe dos descontos que se realicen por aplicación do PAP.

Artigo 32º.-Seguro de vida.

Manteranse as condicións actuais do seguro de vida.

a) Por falecemento ou incapacidade permanente un millón duascentas cincuenta mil (1.250.000) ptas.

b) Por falecemento en accidente laboral dous millóns cincocentas mil (2.500.000) ptas.

c) A empresa fará todo o posible para que, en caso de falecemento, a indemnización se faga efectiva no prazo marcado na póliza do seguro.

Artigo 33º.-Servicio militar e obxección de conciencia.

Durante o período do servicio militar e/ou no seu lugar o correspondente por obxector de conciencia, o traballador percibirá as pagas extraordinarias previstas neste convenio colectivo.

O traballador casado e con fillos ó seu cargo percibirá o 25% do seu salario real (base+PAP+mellora voluntaria), sempre que estea incorporado a filas o tempo equivalente no caso de obxección de conciencia. Este artigo afectará soamente ó persoal fixo de cadro de persoal.

Artigo 34º.-Servicio médico.

O servicio médico da empresa contará cun médico e un ATS titulados.

Os socorristas prestarán os seus servicios en caso de enfermidade ou ausencia do ATS e se esta ausencia fose prolongada a empresa comprométese a substituílo por instancia do responsable do servicio médico.

A empresa garantiralle ó persoal do seu cadro de persoal unha revisión médica anual de acordo coa normativa vixente sobre seguridade e hixiene no traballo, que constará de análise de sangue e ouriños, revisión polo médico da empresa e audiometría.

Artigo 35º.-Xubilacións.

Ás persoas que pidan xubilación voluntaria entre os 60 e 63 anos, a empresa comprométese a lles entre

gar unha indemnización no momento do cesamento, equivalente á diferencia entre o soldo bruto que estivesen percibindo (base+antigüidade+PAP+mellora voluntaria) e a cantidade que en concepto de xubilación lles fose asignada pola Seguridade Social. Esta diferencia mensual multiplicarase polo número de mensualidades que faltasen ata cumpri-lo xubilado os 65 anos.

Aqueles traballadores que teñan 58 e 60 poderán acollerse ás condicións arriba mencionadas, pero considerados como se tivesen 60 anos.

As persoas que se xubilen ós 63 ou 64 anos a emprésa comprométese a lles entregar unha indemnización equivalente á diferencia entre o soldo bruto no momento do seu cesamento (base+antigüidade+PAC+mellora voluntaria) e o importe da indemnización que puidese corresponderlles logo dos trámites legais.

Tódalas persoas ás que puidese interesárlle-la xubilación anticipada, poderán elixir entre o anterior ou ben recibir un premio fixo das seguintes contías:

-De 58 a 61 anos: 1.100.000 ptas.

-De 61 a 63 anos: 700.000 ptas.

-De 63 a 64 anos: 600.000 ptas.

-De 64 anos: 500.000 ptas.

O contido do presente artigo queda sen aplicación ata o ano 2000, segundo acordo do expediente homologado por resolución da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, do 5 de xullo de 1994.

A empresa comprométese a elaborar un plan de futuro para 5 anos, que será recollido no convenio colectivo de 1996.

Artigo 35º bis.-Traslados.

Haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente (Estatuto dos traballadores).

Artigo 36º.-Traballos nocivos, molestos e perigosos (ruídos).

a) Durante o presente convenio destinaranse, para diminuí-lo nivel de ruídos na fábrica (non entran nesta cantidade os gastos destinados a proteccións auditivas persoais nin cabinas para maquinaria de nova instalación), as cantidades de tres millóns setecentas corenta e catro mil (3.744.000) ptas. en 1994 e tres millóns novecentas doce mil catrocentas oitenta (3.912.480) ptas. en 1995.

A empresa e o comité controlarán os investimentos destas partidas.

Capítulo VI

Cuestións sindicais

Artigo 37º.-Dereito de reunión dos traballadores fóra das horas de traballo.

Os traballadores poderán solicitar da dirección reunirse nun local da empresa sempre que o pida un 25% do cadro de persoal.

Artigo 38º.-Competencias do comité de empresa.

a) Recibir información, que lle será facilitada, polo menos, trimestralmente, sobre a evolución xeral do sector económico a que pertence Envases Carnaudmetalbox, S.A.

Coñece-lo orzamento por partidas que anualmente confecciona a empresa.

Ó comité e delegados dos traballadores da empresa daráselles en cada reunión mensual ordinaria coa dirección información sobre producción e productividade, vendas, stoks, contratación de persoal, investimentos, absentismo, ascensos e sancións sobre faltas graves e moi graves (neste caso a información darase con dous días de antelación como mínimo á data da súa aplicación).

b) Recoñécense os comités e delegados do persoal como representacións colectivas dos traballadores na negociación dos convenios colectivos de empresa.

c) A empresa entregará mensualmente copia dos TC2.

d) Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e os demais documentos que se lles dean ós accionistas e nas mesmas condicións cá estes.

e) Coñece-los modelos de contrato escrito que se utilizan na empresa e recibir da dirección fotocopia dos contratos de traballo que se efectúen, segundo a lexislación vixente.

f) Controlar e vixia-las condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

g) Dispoñer de 40 horas retribuídas ó mes para o desempeño da súa función sindical.

h) Os comités que o crean conveniente poderán acumula-las horas previstas para o desenvolvemento das súas funcións sindicais nun ou varios compoñentes, sen exceder do máximo total previsto.

i) Coñece-las probas de aptitude para ascensos, así como as cualificacións obtidas polos opositores.

j) En caso de mobilidade do persoal, informarase ó comité con antelación suficiente.

k) Cando a empresa queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.1º.c) do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento previsto no artigo 53 do mesmo texto legal, deberá entregar, ademais da comunicación prevista na norma e simultaneamente, unha memoria explicativa que faga referencia á causa de extinción, tanto ó traballador ou traballadores afectados coma ós representantes dos traballadores da empresa.

Sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extinto, conforme o procedemento establecido na lei, os representantes dos traballadores emitirán informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extinta alegada no prazo de quince días.

Dos informes ós que se fai referencia no parágrafo anterior daráselle traslado á dirección da empresa para a súa unión ó expediente, entendéndose que, transcorridos os prazos previstos para a súa emisión sen facelo, se desiste de tal dereito.

O procedemento previsto no presente artigo non suspenderá nin interromperá os prazos previstos no artigo 53.1º.c) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 39º.-Cota sindical.

A requirimento dos traballadores afiliados a centrais sindicais, a empresa descontará na súa nómina mensual o importe da cota sindical correspondente.

O traballador interesado na realización desta operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde do desconto, a central sindical á que pertence e a contía da cota. A empresa efectuará as anteriores detraccións, agás indicación en contrario.

Artigo 40º.-Taboleiros de anuncios.

A empresa poñerá a disposición do comité, e en lugar ben visible, polo menos, un taboleiro de anunicos, no cal o comité colocará os escritos que atope de interese, asinados e baixo a súa responsabilidade.

Artigo 41º.-Comité intercentros.

No caso de que durante a vixencia do presente convenio se acadase un acordo entre a coordinación intercentros (artigo 42º) e a dirección do grupo Carnaudmetalbox en España, respecto á constitución dun comité intercentros que substitúa a dita coordinadora, a través da comisión paritaria interpretativa do presente convenio substituirase o contido do artigo 42 polo que resulte do referido acordo.

Artigo 42º.-Coordinadora intercentros.

a) Os diversos comités de Envases Carnaudmetalbox, S.A. poderán constituír unha coordinadora de representantes de comités, composta por dous membros de cada un deles, tanto a nivel nacional como europeo, sempre que sexa convocada.

b) A dita coordinadora terá dereito a dúas reunións anuais en horas de traballo, sendo os gastos de desprazamento e estancia por conta da empresa.

Artigo 43º.-Seccións sindicais.

A empresa recoñece o dereito á existencia no seo dela de seccións sindicais conforme o seguinte:

a) Segundo artigo 8 da LOLS.

b) O delegado desta sección sindical non terá por qué ser membro do comité.

Artigo 44º.-Dereito e funcións das seccións sindicais e dos delegados sindicais.

Serán funcións dos delegados sindicais as seguintes:

a) Representar e defende-los intereses do sindicato ó que representan e dos afiliados a el na empresa e servir de instrumento de comunicación entre a súa central sindical e a dirección de empresa.

b) Poderán asistir ás reunións do comité de empresa, comité de seguridade e hixiene e comités paritarios de interpretación, con voz e sen voto.

c) Terán acceso á mesma información e documentación que a empresa debe poñer a dispor do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei,

estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias en que legalmente proceda.

d) Posuirán as mesmas garantías e dereitos recoñecidos pola lei e o presente convenio colectivo cós membros do comité de empresa.

e) Serán oídos pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten os traballadores en xeral e os afiliados ó seu sindicato.

f) Serán, así mesmo, informados e oídos pola empresa con carácter previo acerca dos despedimentos e sancións que afecten os afiliados ó seu sindicato, en materia de reestructuración de cadro de persoal, regulación de emprego, traslado de traballadores, cando revista carácter colectivo ou do centro de traballo en xeral, e sobre todo proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente os intereses dos traballadores, así como sobre implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas consecuencias.

g) Poderán recadar cotas ós seus afiliados, repartir propaganda sindical e manter reunións con eles, todo iso fóra das horas efectivas de traballo.

Artigo 45º.-Asembleas en horas de traballo.

O comité de empresa poderá convocar dúas asembleas ó ano, en horas de traballo, para tratar sempre asuntos relacionados co convenio colectivo e para outras cuestións transcendentes que afecten a totalidade do cadro de persoal.

O tempo empregado en cada asemblea, regulado polo toque de sirena, será o seguinte:

1ª quenda: 1 h 30 minutos.

2ª quenda: 1 h.

3ª quenda: 1 h.

Cláusula adicional

Aboaráselle en 1994 a cada traballador acollido ó presente convenio un 0,5% do seu salario bruto anual de 1993, se o índice de absentismo non supera o 5,5%.

Esta cantidade pagarase por trimestres vencidos tomando como referencia o índice de absentismo acumulado ó final de cada trimestre.

Esta porcentaxe (0,5) será consolidable a partir do 1 de xaneiro de 1995.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL 1994

CategoríaSalario mensual

1994

Aprendiz de 1ª 75.109
Aprendiz de 2ª 84.656
Traballos secundarios 83.075
Peón 83.075
Especialista de 2ª102.918

CategoríaSalario mensual

1994

Especialista de 1ª104.468
Oficial de 3ª105.643
Oficial de 2ª106.683
Oficial de 1ª110.791
Oficial de 1ª Espec. Litog.115.887
Encargado de sección116.938
Capataz105.643
Garda sereno105.643
Porteiro105.643
Ordenanza102.918
Almaceneiro105.643
Xefe de 1ª administrativo120.661
Xefe de 2ª administrativo118.279
Oficial de 1ª administrativo110.791
Oficial de 2ª administrativo106.683
Auxiliar administrativo105.643
Aspirante de 16 anos 94.900
Aspirante de 17 anos100.870
Telefonista105.643
Delineante de 1ª114.182
Delineante de 2ª111.623
Delineante de 3ª108.732
Mestre encargado120.661
Xefe de organización120.661
Técnico de organización110.947
Titulado de grao medio121.326
Titulado de grao superior140.618

ANEXO II

TÁBOA SALARIAL 1995

CategoríaSalario mensual

1995

Aprendiz de 1ª 78.489
Aprendiz de 2ª 88.466
Traballos secundarios 86.814
Peón 86.814
Especialista de 2ª107.550
Especialista de 1ª109.169
Oficial de 3ª110.397
Oficial de 2ª111.484
Oficial de 1ª115.777
Oficial de 1ª Espec. Litog.121.102
Encargado de sección122.200
Capataz110.397
Garda sereno110.397
Porteiro110.397
Ordenanza107.550
Almaceneiro110.397
Xefe de 1ª administrativo126.091
Xefe de 2ª administrativo123.602
Oficial de 1ª administrativo115.777
Oficial de 2ª administrativo111.484
Auxiliar administrativo110.397
Aspirante de 16 anos 99.171
Aspirante de 17 anos105.409
Telefonista110.397
Delineante de 1ª119.320
Delineante de 2ª116.646

CategoríaSalario mensual

1995

Delineante de 3ª113.625
Mestre encargado126.091
Xefe de organización126.091
Técnico de organización115.940
Titulado de grao medio126.786
Titulado de grao superior146.946

ANEXO III

HORAS EXTRAORDINARIAS ANO 1994

CategoríaDiurnasNocturnasFestivas

Especialista de 2ª2.0682.5842.894
Especialista de 1ª2.0952.6182.933
Oficial de 3ª2.1522.6893.013
Porteiro2.1522.6893.013
Almaceneiro2.1522.6893.013
Oficial de 2ª2.2572.8203.160
Oficial de 1ª2.4003.0003.360
Xefe de equipo2.8893.6114.045

ANEXO IV

HORAS EXTRAORDINARIAS ANO 1995

CategoríaDiurnasNocturnasFestivas

Especialista de 2ª2.1612.7003.024
Especialista de 1ª2.1892.7363.065
Oficial de 3ª2.2492.8103.149
Porteiro2.2492.8103.149
Almaceniero2.2492.8103.149
Oficial de 2ª2.3592.9473.302
Oficial de 1ª2.5083.1353.511
Xefe de equipo3.0193.7734.227

ANEXO V

CRITERIOS DE APLICACIÓN DOS PERMISOS RETRIBUÍDOS

1. Falecementos.

Apartado 1.1.

Consideraranse días laborables os que figuran no noso calendario laboral como tales, é dicir, de luns a venres.

Os días correspondentes ó permiso terán que ser tomados a partir do día seguinte ó do falecemento.

O día do falecemento poderá ser considerado, a petición de beneficiario ou como parte do permiso ou, no caso de se ausentar do traballo, tomar ó seu cargo o tempo correspondente.

Apartado 1.2.

Considerarase tempo necesario para caso de afinidade un máximo de tres horas.

Servirá como xustificación a esquela ou, en caso de non poder establecerse o parentesco por ela, unha certificación do párroco correspondente.

2. Maternidade.

Apartado 2.1.

A consideración do día laborable será igual ca no apartado 1.1. de falecementos.

Os días laborables que correspondan poderanse tomar dentro dos cinco seguintes ó da data de nacemento.

A xustificación será a fotocopia da folla do libro de familia na que se reflicte o nacemento.

3. Enfermidade grave de parentes.

Apartado 3.1.

O permiso poderase tomar dúas veces ó ano pola mesma causa de enfermidade, no caso de que o parentesco sexa cónxuxe ou fillos. Nos demais casos unha soa vez.

Apartados 3.2 e 3.3.

Serán de aplicación unha soa vez ó ano polo mesmo motivo de enfermidade.

4. Asistencia a consulta médica.

Xustificación: ou ben polo boletín de asistencia no que se fagan consta-las horas de entrada e saída, certificados coa sinatura e selo do médico á consulta do cal asista, ou, en caso de que non se reflicta a hora de entrada a consulta, tres horas como máximo.

Os casos especiais serán estudiados entre comité e dirección.

Farase constar no boletín de asistencia médica o centro que ten a consulta o interesado.

5. Traslado de domicilio habitual.

O permiso desfrutarase o día en que se solicite o cambio de domicilio no concello.

A xustificación será o resgarado da dita solicitude ou certificación equivalente do dito concello.

7139